Na conferencia ‘A lingua galega dende o Camiño de Santiago aos nosos días’

Valentín García convida os galegos de Lleida “a seguir utilizando o galego na familia e nas reunións con outros galegos”

O Centro Galego de Lleida, que preside Xosé Terceiro, organizou, o pasado venres 22 de novembro pola tardiña, una conferencia feita polo secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, co título ‘A lingua galega dende o Camiño de Santiago aos nosos días’.

Valentín García convida os galegos de Lleida “a seguir utilizando o galego na familia e nas reunións con outros galegos”
1 Asinando no libro de honra do Centro Galego
O secretario xeral de Política Lingüística firma no Libro de Honra da Institución.

O Centro Galego de Lleida, que preside Xosé Terceiro, organizou, o pasado venres 22 de novembro pola tardiña, una conferencia feita polo secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, co título ‘A lingua galega dende o Camiño de Santiago aos nosos días’.

Un acto que se enmarca dentro da programación da Semana Cultural da Federación de Casas e Centros Rexionais de Lleida, celebrado na sala de actos do Centro Galego e ao que asistiron diversas autoridades, entre as que se atopaban o presidente da Federación de Casas e Centros Rexionais de Lleida, Cosme García Mir; e os presidentes das outras casas rexionais que forman parte da Federación, ademais do numeroso público que enchía completamente o local social.

Valentín García, na súa oratoria, lembrou que o galego “sempre conviviu con outras linguas –ao principio o latín, despois tamén o castelán e nos nosos días súmase o inglés–, pero hoxe como no medievo é quen de demostrar a súa valía como vehículo de comunicación en calquera ámbito e a un nivel semellante ao doutros idiomas de cultura que o rodean”.

Así mesmo, o secretario xeral de Política Lingüística convidou os galegos de Lleida “a seguir utilizando o galego na familia e nas reunións con outros galegos, porque un idioma máis é unha riqueza que os vosos fillos poden e deben aproveitar”. No curso da conferencia, e ao fío dos seus comentarios sobre o Camiño de Santiago, tamén lles pediu aos representantes das entidades que difundisen en Cataluña a riqueza paisaxística e artística da Ruta do Camiño, así como que participasen activamente na promoción dos eventos do próximo Xacobeo que se celebrará no 2021.

Ó remate, foron intercambiados uns agasallos entre o presidente do Centro Galego, o presidente da Federación de Lleida e o conferenciante, rematando todos cunha degustación dun viño da terra.

As actividades da Semana Cultural que celebran as entidades que forman a Federación Provincial de Casas e Centros Rexionais de Lleida, das que o Centro Galego participa activamente, iniciou coa celebración do Día de Tódolos Santos, coa asistencia á santa misa na Parroquia de ‘Sant Jaume’, á que pertencen. Posteriormente, no local social do Centro Galego, os socios, amigos e simpatizantes asistiron ao tradicional magosto, sendo acompañados polas seguintes autoridades: o subdelegado do Goberno do Estado en Lleida, José Crespín Gómez; os concelleiros do Concello de Lleida, Josep Francesc Cerdà Esteve e Xavi Palau Altarriba; o presidente dos Armats de Lleida, José Ángel Comes i Serret; e a presidenta da Casa de Cantabria, María Eugenia Fernández.

O 13 de novembro, para a inauguración das xornadas celebrouse no Teatre Municipal de ‘l`Escorxador’ o pregón, a cargo do director xeral de Desarrollo Estatutario e Programas Europeos do Goberno de Aragón, Luis Estaún García. A continuación, por parte da Federación, fíxose un acto de recoñecemento, pola súa labor ás entidades que a compoñen, así como ás persoas, entre outros, á socia do Centro Galego de Lleida Marta Roigé Mostany. Acto seguido, levouse a cabo un extraordinario espectáculo-concerto acústico ‘Serratejant’ como tributo a Joan Manuel Serrat, a cargo de Toni Mor, Ana Mor i Sejo Calzada, interpretando cancións en castelán e catalán. Todo resultou un gran éxito.