Entidades galegas en Cataluña dan os primeiros pasos pola unificación

Dez das principais entidades galegas asentadas en Cataluña veñen de acadar un principio de acordo de unificación administrativa cara á Xunta de Galicia, asinado polos presidentes das mesmas hai uns días na localidade de Santa Coloma de Gramanet.

Entidades galegas en Cataluña dan os primeiros pasos pola unificación
El secretario xeral de Emigración, durante la reunión con los representantes de las entidades gallegas en Cataluña.

Dez das principais entidades galegas asentadas en Cataluña veñen de acadar un principio de acordo de unificación administrativa cara á Xunta de Galicia, asinado polos presidentes das mesmas hai uns días na localidade de Santa Coloma de Gramanet. Un compromiso que segundo o presidente da Asociación de Casas e Centros de Galicia en Cataluña, Xosé Canosa Blanco, “vai ser eixo para superar certos atrancos que están impedindo que a totalidade das entidades galegas aquí poidan facer cousas en común, xa que este acordo está aberto ás demais entidades que queiran aferirse para traballar en conxunto pola cultura galega e por Galicia dende Cataluña”.

Este compromiso está asinado e avaliado polas entidades: Asociación de Casa e Centros de Galicia en Cataluña; Agrupación Cultural Galega Saudade de Barcelona; Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornella; Centro Cultural Airiños da Nosa Galicia de Santa Coloma; Centro Galego Nós de Sabadell; Centro Galego de Lleida; Foro da Terra Galega de Barcelona; Fundación Galicia Universal Barcelona; Irmandade O Noso Lar de Terrasa; e Irmandade Galega de Rubí.

O acordo contempla unha resposta á necesidade de agruparse no sentido do que se está debatendo na próxima aprobación da nova Lei da Galeguidade, polo que ven que é necesario facer una aposta pola xuntanza de entidades no sentido administrativo en torno á Asociación de Casas e Centros de Galicia en Cataluña, e quedando as entidades actuais nas súas funcións de entidade base para difundir a cultura galega nas súas localidades.

Para ilo propoñen á Xunta de Galicia a negociación dun convenio como ‘Unidade Administrativa Única’ coa Secretaria Xeral de Emigración, ou órgano que acollera as súas funcións, no que en materia de axudas contemple como mínimo a media das subvencións dos últimos tres anos, estas axudas estarían agrupadas en dous capítulos: Axudas a entidades e axuda destinada unicamente para a realización dun acto xeral de tódalas entidades da unión administrativa, que posiblemente sexa a celebración das Letras Galegas.

Segundo o presidente da Agrupación Saudade, Ernesto Lagarón, este acordo ven a dar resposta “ás reiteradas peticións de unidades das entidades feitas nos últimos tempos polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoó, así como polo novo secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, quen, neste senso, un dos seus primeiros actos coa emigración foi vir aquí a Cataluña a reunirse con todos nós, do que destes conta neste xornal, para precisamente transmitirnos esta prioridade do actual Goberno de Galicia”, e engade: “Con este feito nós demostramos que estamos pola labor, agora depende deles, que teñan vontade de levar a efecto iso que levan tempo pedíndonos, porque para a unificación de entidades fai falta algo máis que palabras, ten que haber feitos e este noso é un feito moi importante”.