En Barcelona houbo unha conferencia, unha exposición e a presentación dun libro

Celebraronse as Letras Galegas no Ajuntament de Barcelona e na Irmandade A Nosa Galiza de Mollet

O pasado sábado 14 de maio, ás 5 da tarde, celebráronse as Letras Galegas no Ajuntament de Barcelona. A devandito acto, organizado pola Fegalcat, Casas de Galicia de Barcelona, e o Ajuntament, acudiron tódalas entidades galegas que as integran, así como a súa masa social.

Celebraronse as Letras Galegas no Ajuntament de Barcelona e na Irmandade A Nosa Galiza de Mollet
Letras Galegas Barcelona 48
A ceebración do Día das Letras Galegas congregou a numeroso público.

O Día das Letras Galegas en Barcelona consistiu en tres actos compostos por conferencia, exposición e presentación dun libro; celebrouse en dous espazos distintos da cidade Condal, un no Saló de Cronicas e outro na Casa dels Entremessos.

O primeiro acto foi unha conferencia sobre a vida e obra de Delgado Gurriarán, impartida polo avogado e historiador Manoel Carrete, e presidida polo regidor, Joan Ramón Riera; onde a banda de gaitas ‘Toxos e Xestas’ clausurou o acto interpretando o himno catalán e o galego.

Na Casa dels Entremessos celebrouse a presentación do libro ‘Cartas de Emilia Pardo Bazán’ e unha exposición sobre a emigración galega en Barcelona, todo da autoría de Manoel Carrete. Estes dous últimos actos estiveron presididos polo regidor, J. Ramón Riera, e o tenente alcalde de Barcelona, Albert Batlle.

A exposición sobre a emigración está composta por vitrinas con material histórico e paneles explicativos da emigración galega en Cataluña e da catalá en Galicia; así como a fundación das primeiras sociedades galegas, a fundación do Centro Galego de Barcelona, a chegada de Otero Pedrayo e Castelao a Barcelona, a creación da Exposición Universal de Barcelona, escritores actuais de Galicia e Barcelona... Os actos estiveron en aforo máximo quedando varias persoas fóra dos actos, ao ter o aforo cheo.

Acto en Mollet

O sábado 15 celebráronse as Letras Galegas no concello de Mollet, por parte da Irmandade A Nosa Galiza de Mollet, iniciando todo coa izada da bandeira galega na praza do antigo concello e interpretando os himnos galego e catalán pola banda da Irmandade. Posteriormente, os actos trasladáronse a súa sede, na rúa Castelao nº2, onde se celebrou unha conferencia sobre homenaxeado deste ano e posteriormente a presentación do libro de Emilia Pardo Bazán que se repartiu gratuitamente entre os asistentes. Para rematar os actos, a banda da Irmandade A Nosa Galiza interpretou varias pezas de música tradicional dun renovado repertorio musical dirixido polo seu mestre, José Manuel Castro.