A Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá organiza este certame

Xosé Luís Santos Cabanas gaña o primeiro premio do Certame de Poesía en Lingua Galega ‘Rosalía de Castro’

O sábado 11 de decembro, celebrouse o acto de concesión dos premios da 35ª edición do Certame de Poesía en Lingua Galega ‘Rosalía de Castro’, organizado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá (Barcelona) e no que se lle concedeu o primeiro premio a Xosé Luís Santos Cabanas polo seu poema ‘Cara a Tina Modotti’.

Xosé Luís Santos Cabanas gaña o primeiro premio do Certame de Poesía en Lingua Galega ‘Rosalía de Castro’
XRADO
Os membros do xurado antes do almorzo.

O sábado 11 de decembro, celebrouse o acto de concesión dos premios da 35ª edición do Certame de Poesía en Lingua Galega ‘Rosalía de Castro’, organizado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá (Barcelona) e no que se lle concedeu o primeiro premio a Xosé Luís Santos Cabanas polo seu poema ‘Cara a Tina Modotti’.

Pola tarde, o acto de concesión dos premios foi precedido dun acto celebrado no Auditorio de Sant Ildefonso de Cornellá, e que consistiu, na primeira parte, da presentación da web xulipedia.com, a cargo do seu autor, Xulio Simón Rúa, escritor e profesor, xubilado, residente en Pontevedra.

Xulipedia.com é unha ferramenta de traballo na que se pode ollar un inmenso traballo cultural levado a cavo polo seu autor durante máis de 20 anos e que amosa a relación literaria e artística de culturas: Galega, Catalana Portuguesa e de ultramar. Con un inmenso feixe de datos que calquera que lle interese desde calquera parte do mundo, pode, consultar e estudiar, simplemente entrando a través de internet en: Xulipedia.com.

Na segunda parte do acto levouse a cabo a presentación do traballo musical que o a banda de gaitas e cantareiras da A.C.G. Rosalía de Castro leva recuperando e interpretando desde a súa fundación hai xa máis de 40 anos. Un CD titulado ‘Rosalía en Cornellá’. A mesma banda fixo un concerto musical e de danza interpretando os temas que están no disco, así como o Grupo de Cantareiras Rosalieiras.

O acto contou coa asistencia de numeroso publico, así como a presencia do alcalde de Cornellá, Antonio Balmón, que se encargou de pechar o acto agradecendo a colaboración de tódolos protagonistas do acto músico-cultural. Diversidade cultural que a cidade de Cornellá, a través de unha das máis importantes entidades da cidade como é a A. C. G. Rosalía de Castro, representa.

Pola noite, e no transcurso dunha cea celebrada no restaurante da Asociación galega de Cornellá, e presidida polo seu presidente, Oliver Fernández, á que asistiron numerosos socios e amigos, así como diversas autoridades do mundo da cultura e a sociedade de Cataluña e Galicia, ademais de representantes da Corporación Municipal de Cornellá e delegacións doutras entidades galegas de Cataluña, a presidenta do xurado do Certame, Diana Varela, deu a coñecer aos gañadores deste ano 2021 na 35ª edición do Certame de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro, que son os seguintes:

Primeiro premio: Xosé Luís Santos Cabanas, de a Coruña, polo seu poema titulado ‘Cara a Tina Modotti’.

Segundo premio: Clara Vidal, de A Coruña, polo poema ‘Xeoloxía de hai 200 millóns de anos en augas de Teixidelo’ (Cedeira, A Coruña).

Terceiro premio: Xurxo Alonso García, de Pontevedra, polo seu traballo ‘Lugares con Memoria’.

O xurado estivo conformado por: Presidenta: Diana Varela Puñal –Naceu en Corme (Ponteceso). Licenciada en Dereito, é poeta, algúns dos seus poemas viron a luz na revista ‘Xistral’ no Anuario Brigantino, ‘Ferrol Xurídico’ e en ‘El Correo Gallego’. Colabora nos xornais ‘Galicia Hoxe’ e ‘La Opinión’. Vicepresidenta: Ana Vázquez, documentalista, licenciada e doutora en Hispánicas. Vocal 1º: Armando Requeixo, investigador, profesor e crítico literario. Vocal 2º: Antón Blanco Casás (Vilagarcía de Arousa, especializouse en Teoría da Literatura e Literatura Comparada na Universidade de Barcelona, onde actualmente traballa como lector de galego). Vocal 3º: María Carreira López, naceu en Castroverde (Lugo), reside en Barcelona onde es doutor en Filoloxía Galega. Vocal:4º: Luís Losada Rodríguez, de Pontevedra, é licenciado en Química pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como mestre ate a súa xubilación. Secretario: Xulio Cougil Vázquez, profesor. Licenciado en Galego e Portugués, xubilado.

35 anos do Certame

Dentro do proxecto cultural e literario que a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá creou en 1986 sendo presidente da entidade Henrique Fernández Sánchez, e xunto coa edición da revista ‘Lúa Nova’ e o programa de radio ‘Sempre en Galiza’, crease tamén o Certame de Poesía en Lingua Galega ‘Rosalía de Castro’, que este ano chega a súa trinta e cinco edición.

A principios do ano 1987 convocase a primeira edición do certame coa finalidade de promove-la poesía galega e os novos poetas que saíran do país, e tamén como homenaxe á insigne poetisa que dá nome a asociación. Cumprindo esta tarefa desde os seus comezos ata hoxe, participaron no certame o máis salientable dos escritores que cultivan a primeira das artes da nosa lingua, a poesía. Poetas noveis, afeccionados e mesmo consagrados participaron cos seus traballos ao logo dos trinta e cinco anos de vida do Certame. Compre lembrar, precisamente estes anos que nos acaba de deixar Darío Xohán Cabana, gañador da primeira edición en 1987.

Máis de tres décadas consecutivas da edición deste certame, que na actualidade conta cunha inmensa simpatía dentro dos aconteceres poéticos do país e na emigración galega, no que levan participando poetas de tódolos lugares do mundo, alí onde os galegos e os seus descendentes se atopan e cultivan esta arte literaria na nosa lingua. Coidamos que se non é un dos máis importantes editados en lingua galega hoxe, sen lugar a dúbidas, si é o máis importante que se deu na Galicia Exterior ó longo da súa historia, e os mesmos participantes dannos a razón, dado o seu interese ano tras ano por participar no Certame, e segundo as valoracións dos diferentes xurados que se encargaron nestas edicións de dar a coñecer os gañadores, non só o número de participantes é altamente positivo senón que a calidade dos traballos presentados ao Certame, xeralmente e salvo contadas excepcións, é dunha calidade excelente.

A calidade dos traballos e os personaxes gañadores do certame fan que o Certame neste intre goce dunha inmellorable saúde e as expectativas de futuro son engaiolantes para todos nós que estamos ao redor deste importante evento cultural galego feito en Cornellà, e o que é máis importante para a cultura galega e para o noso país. Nesta 35ª edición houbo unha excelente participación de 111 traballos que aportaron 87 autores.