“Estamos tremendamente agradecidos a Casa de Galicia por permitir que Galicia poida desfrutar desta xoia”

“Estamos tremendamente agradecidos a Casa de Galicia por permitir que Galicia poida desfrutar desta xoia”
13.Recepcion Santa 3
O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e Manuel Gago, durante a recepción de ‘A Santa’.

‘A Santa’, de Asorey, foi adquirida pola Casa de Galicia de Montevideo e partiu de Vigo para América en 1951. É unha das pezas máis destacadas do escultor cambadés e tamén unha das obras de arte galega máis significativas e controvertidas do século pasado polo seu xeito de representar a muller, escapando dos canones estéticos dese momento.

P. Unha figura como ‘A Santa’ debeu de ser complicado?

R. Hai que ter en conta que ‘A Santa’ é unha figura imponente. É unha peza de 1,92 metros, con unha base granítica que debeu ser traída con moitísimo coidado. Houbo estudios previos para ver como había que traela.

Hai que dicir que unha exposición é como un enorme engranaxe porque aí estamos falando de todas as trámites de aduanas, a peza pode quedar parada en calquer momento por motivos que ti non podes controlar del todo.

A fantástica disposición que houbo pola Casa de Galicia de Montevideo foi moi importante e nós estamos tremendamente agradecidos a Casa de Galicia e os seus socios por permitir que Galicia poida desfrutar desta xoia.

P. Por qué é tan importante esta peza?

R. Unha peza de arte xenera diferentes tipos de reaccións e de emocións pero creo que ‘A Santa’ é unha obra de arte que é capaz de falar de ti a ti con cada unha das personas que a mira e o estamos vendo na exposición, onde a xente queda unha chea de tempo mirandoa porque están recoñecendo na Santa a historia da súa propia familia. Están vendo a súa nai, están vendo a súa avoa, a súa bisavoa e as mulleres que a rodeaban.

Dentro do discurso expositivo, ‘A Santa’ xoga un papel que é explicar como as entidades galegas da emigración dispoñen dun riquísimo patrimonio cultural. Unha parte importante del patrimonio cultural galego do século XX se atopa fora de Galicia pero en mans galegas na emigración. ‘A Santa’ o que nos permite é facer visible ese patrimonio e contar ese patrimonio dentro da nosa exposición.

Ese é o argumento expositivo pero ‘A Santa’ ten outro tipo de valores. 

‘A Santa’ presentouse por primeira vez en 1926 na Exposición Nacional de Bellas Artes en Madrid e foi unha auténtica labazada entre a xente porque se un se fixa no catálogo da Exposición de ese ano un se da conta que as obras premiadas que teñen como protagonistas a mulleres son mulleres lamidas, superestilizadas, idealizadas, estas figuras de art decó dos anos 20, e claro cando ves ‘A Santa’ te das conta que é outro mundo, outra historia e te das conta que as tendencias artísticas que había na España do momento quedan trastocadas. 

‘A Santa’ utiliza parte da estética desa representación feminina dos anos 30 pero a transforma totalmente ao amosar o corpo dunha muller labrega, traballadora e marcada polo duro do seu traballo e cargando cun xugo como si fora una vaca e o mesmo tempo levando ese xugo coa cabeza levantada con una enorme dignidade. 

Cando fixemos a documentación da peza vimos que a discusión sobre ela fora portada dos periódicos madrileños porque había xente que lle parecía horrenda y xente que lle parecía marabillosa.

A xente que lle parecía horrenda entendía que o corpo da muller non podía ser presentado así na arte, entendía que era indecente o de mal gusto. A xente que lle parecía fermosa era porque se estaba representando, dunha forma nova, a verdade, xente que está marcada polos traballos como podía ser Santa. 

O que é fascinante é que cando anunciamos que iamos a traer a Santa, no Facebook da Cidade da Cultura se montou un debate moi parecido o de o ano 26. Había quen lle parecía que Galicia no era eso e había que lle recordaba a súa familia. É unha peza sobre a que se pode seguir debatendo sobre todo en relación al mundo das modelos e da moda e a representación do corpo da muller. 

Como todas as grandes obras de arte da historia é unha peza atemporal. 70 anos despois de que esa peza fose enviada a Montevideo segue falando e xerando emoción. 

Cando vin ‘A Santa’ por primeira vez, cando se desembalou, quedéi pasmado porque vin as mans da niña avoa e supoño que eso que me pasou a mín é o que lle está pasando a moitísima xente cando mira ‘A Santa’.

Na emigración esta peza tivo que xogar un rol moi importante porque estaba atada con cadenas á memoria de cada un dos emigrantes. É unha peza que estaba ligada a eles dunha maneira tremendamente íntima. 

De feito, a Casa de Galicia a ten nun lugar preminente, alí donde se reúne o equipo directivo. 

No século XX as entidades galegas da emigración se convertiron en auténticas mecenas das artes e da cultura galega. Mecenas no sentido máis amplo da palabra: adquirindo, apoiando ou patrocinando o que é a actividade cultural galega e esto foi moi importante porque hai que ter en conta que na propia Galicia, cando chega o rexime franquista, esa efervescencia cultural que se fora conformando nas primeiras décadas do século cae totalmente e foi grazas a Ámerica que todo esto se perpetúa e se mantén.

América foi un facho de luz que permitiu ter prendida a idea de Galicia.