Presentación en Cornellá da Academia Xacobea cunha conferencia a cargo de Xesús Palmou, o seu director

| 13 Febrero 2017 - 10:40 h.
Numeroso público acudiu a presentación da Academia Xacobea.
Numeroso público acudiu a presentación da Academia Xacobea.

A Asociación Cultura Galega Rosalía de Castro de Cornellá (Barcelona), que preside Oliver Fernández Expósito, celebrou o sábado 11 de febreiro o acto de presentación da Academia Xacobea cunha conferencia a cargo do exconselleiro da Xunta e director da devandita Academia, Xesús Carlos Palmou Lorenzo.

O evento, foi moi concorrido xa que abarrotou as instalacións da entidade organizadora, e contou coa participación do Concello de Cornellá a máis alto nivel, xa que asistiron a el, o seu alcalde, Antonio Balmón; a primeira tenente de alcalde, Rocío García; a rexedora do barrio de Gabarra onde se atopa a sede da entidade galega, Aurora Mendo, así como numerosas personalidades doutras entidades e institucións locais. O director da academia, Xesús Palmou, pronunciou unha conferencia baixo o titulo ‘Camino de Santiago ayer y hoy’, durante a cal relatou una breve historia do Camiño, así como os motivos polos que hai un ano se decidiu fundar a Academia Xacobea que el dirixe.

O acto estivo, ademais, amenizado polo cantautor galego, residente en Barcelona, Alfredo González, quen acompañado do músico Antonio Rodríguez ofreceu un recital con pazas arranxadas para a ocasión entre as que non podía faltar a súa versión de ‘Aires Airiños Aires’, de Rosalía de Castro, entre outras que fixeron a ledicia do público asistente ao acto, que finalizou coa degustación dun viño do Ribeiro.

Segundo o conferenciante, a “Academia Xacobea, que ten a súa sede no Centro Internacional de Acollida de Peregrinos en Santiago de Compostela, xurdiu para fortalecer a investigación e a difusión do Camiño de Santiago, e estará composta por académicos de todo o mundo, relevantes no estudo do Camiño Xacobeo e dun xeito totalmente desinteresado, xa que, segundo o seu director, ninguén recibirá compensación económica de ningún tipo. Outro dos obxectivos da Academia é o de crear o premio de novela sobre o Camiño de Santiago, e busca resaltar o Camiño como fonte de inspiración artística e literaria. Dotado con 12.000 euros que, segundo Palmou, será costeado integramente por apartacións privadas.

 

 

Más acciones:
MÁS NOTICIAS

Boletín de noticias

Si quiere recibir información actualizada de Crónicas de la Emigración, envíenos su correo electrónico.
Suscribirse al boletín

Libros de Crónicas de la Emigración

Colección Cronicas de la Emigración

Gallegos en Cuba

Hemeroteca