OFRECEU UNA CHARLA SOBRE ANTÓN FRAGUAS E PRESENTOU O SEU ÚLTIMO LIBRO

O antropólogo Manuel Mandianes protagonizou o Día das Letras da Asociación Galega Rosalía de Castro de Cornellá

| 22 Mayo 2019 - 14:50 h.
A conferencia sobre Antón Fraguas na Asociación Galega Rosalía de Castro de Cornellá.
A conferencia sobre Antón Fraguas na Asociación Galega Rosalía de Castro de Cornellá.

O pasado sábado, 18 de maio, a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá (Barcelona) celebrou a festividade conmemorativa das Letras Galegas 2019, con diversas actividades que tiveron como protagonista ao antropólogo Manuel Mandianes.

Pola tarde, ás 16:00 horas, tivo lugar a presentación en directo do último libro, ‘En Blanco’, de Manuel Mandianes, no programa de radio en galego ‘Sempre en Galiza’ que a entidade galega protagoniza en Radio Cornellá, dirixido polo socio da entidade o profesor Xulio Couxil.

Despois do programa, xa nos locais de entidade galega en Cornellá, tivo lugar unha conferencia sobre o homenaxeado este ano coas Letras Galegas, Antón Fraguas, a cargo do escritor Manuel Mandianes, quen deleitou aos presentes no acto coas súas vivencias co honrado coas Letras este ano, así como os principais aconteceres biográficos.

Na segunda parte do evento, o conferenciante foi presentado polo profesor Xulio Couxil, aínda que, segundo argumentou, “nesta Casa que é  tamén a súa non precisa de moita presentación xa que durante a súa vida laboral de máis de trinta anos en Barcelona, son moitas as ocasións e eventos que celebramos coa súa presencia”. Como conferenciante, tertuliano, a súa colaboración na revista ‘Lúa Nova’ ou no programa de radio, Mandianes foi e sigue sendo un verdadeiro traballador coa colectividade galega en Catalunya. Entre as colaboracións máis sobranceiras hai que subliñar a súa implicación como impulsor do primeiro Congreso de Emigración Galega e Mundo Rural celebrado en Barcelona nas dependencias do Instituto de Estudios Sociales Avanzados (IESA) en Barcelona que el dirixiu nos anos 1996-1999, organizado polo A.C.G. Rosalía de Castro de Cornellá e o Centro Galego de Barcelona.

Nesta ocasión presentou a súa ultima obra literaria, o libro ‘En Blanco’,  unha novela chea de relatos que somerxe ao lector na vida dun misioneiro que chega a América Latina, concretamente a Colombia por un ideal, ambientada a finais da década dos sesenta. “A selva é o imaxinario no que este protagonista, confronta os seus soños cunha realidade vibrante. Un mundo cheo de claroscuros, con dilemas éticos, é o contexto para que o espiritual o carnal, e toda a tonalidade de cores da vida se espérese como espello dos nosos propios medos”, segundo a presentación do libro. O volumen é de moi fácil lectura e engancha desde as primeiras liñas, nas que vai debullando tramas e anécdotas que lle ocorren ao personaxe principal, que coido que tamén ten algo de autobiográfica, algunha delas explicounas Mandianes na tertulia cos asistentes e que son propias do contexto dunha Colombia en guerras internas. Sobre todo un libro que a súa lectura é moi recomendable.

Manuel Mandianes Castro naceu no lugar Loureses (Os Blancos, Ourense) en xaneiro de 1942. Despois de cursar estudos no seminario, marchou como misioneiro a Colombia, onde foi acusado de guerrilleiro e, como consecuencia, expatriado. Estudou teoloxía e antropoloxía en Estrasburgo (Francia). É doutor en Etnografía e Antropoloxía, en Ciencias Sociais e Socioloxía e en Teoloxía.

Científico titular do CSIC, dirixiu o Instituto de Estudios Sociales Avanzados (IESA) en Barcelona (entre 1996-1999). Realizou traballos de investigación sobre temas antropolóxicos de Galicia. Publicou diversos capítulos en obras colectivas e artigos en revistas como ‘Grial’, ‘Boletín Auriense’ e ‘El Museo de Pontevedra’. Foi colaborador do programa da TVG Luar. É colaborador asiduo en radio, televisión e diversos medios de prensa xeralistas (‘El País’, ‘El Mundo’, ‘La Vanguardia’, ‘La Voz de Galicia’, ‘Faro de Vigo’, etc.).

 

 

 

Más acciones:
MÁS NOTICIAS
  • Colección Cronicas de la Emigración

Boletín de noticias

Si quiere recibir información actualizada de Crónicas de la Emigración, envíenos su correo electrónico.
Suscribirse al boletín

Hemeroteca