Unha iniciativa para respectar o medio natural e promocionar a lingua galega

Unha iniciativa para respectar o medio natural e promocionar a lingua galega
Conselleiro en Ons61
De esquerda a dereita, Valentín García, Cecilia Vázquez e Román Rodríguez, no barco, camiño de Ons.

Aprender a respectar o medio natural e promocionar o “enorme valor natural e cultural” da Illa de Ons, ademais da lingua galega, constituen os tres obxectivos do campamento O Galego Campa! co que a Xunta de Galicia pretende concienciar aos rapaces galegos sobre “o valor” do “patrimonio cultural e natural” que ten a comunidade autónoma, Así o salientou o pasado venres o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, durante a súa visita a Illa, na que estes días conviven un grupo de 60 rapaces procedentes de diversas partes de Galicia .
Román Rodríguez falou, por unha banda, da importancia de inculcar nos rapaces o “respecto ao medio natural; ao entorno no cal vivimos”, dixo, que, en definitiva, é unha defensa da “paisaxe e os valores naturais que ten Galicia”.
Por outra banda, salientou o labor de promoción que con esta iniciativa se está a facer do “enorme valor material e cultural da Illa de Ons”, que forma parte da candidatura Cies Parque Nacional Illas Atlánticas a Patrimonio da Humanidade, e que se quere “difundir” desde a Xunta “como unha aposta do conxunto de Galicia” ante o comité de decisión da Unesco.
Por último, Rodríguez falou do labor de promoción que se está a facer da lingua galega coa convocatoria deste campamento.
Con estas tres ferramentas: patrimonio cultural, lingüística e natureza, organízase un campamento que “serve para que os nenos teñan una actividade de ocio positiva e de defensa dos valores, de respecto ambiental e cultural e pola nosa lingua”. “Unha actividade que pecha un círculo virtuoso que xerará neles sensacións moi positivas”, puntualizou o conselleiro.


Única candidatura
Román Rodríguez tamén se referiu á candidatura Cíes Parque Nacional Illas Atlánticas a Patrimonio da Humanidade e, ao respecto, aseguró que malia que se leva tempo falando doutra candidatura, “a única que existe” para declarar o Parque Nacional como Patrimonio da Humanidade é a que “está divulgando e promocionando” a Xunta.
“As Illas Cíes –que quizais sexan as más senlleiras–, xunto coas de Ons, Salvora e Cortegada, conforman unha unidade natural que vai ser ben recoñecida e ben acollida pola Unesco”, augurou o conselleiro galego, quen informou de que, na actualidade, estáse agardando ao que sobre este asunto decidan os técnicos desde organismo.