O PRIMEIRO PREMIO FOI PARA MARíA LUISA IGLESIAS TABOADA, DE A CORUñA

A Asociación Rosalía de Castro entregou os premios do seu Certame de Poesía en Lingua Galega

O sábado 12 de decembro tivo lugar o acto de concesión dos premios do Certame de Poesía en Lingua Galega ‘Rosalía de Castro’, organizado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornella (Barcelona), que este ano acadou a súa 29ª edición, e no que foi galardoada, co primeiro premio, Mª Luisa Iglesias Taboada.

A Asociación Rosalía de Castro entregou os premios do seu Certame de Poesía en Lingua Galega
CLR2015 (3)
Xurxo Souto lendo o poema gañador.

O sábado 12 de decembro tivo lugar o acto de concesión dos premios do Certame de Poesía en Lingua Galega ‘Rosalía de Castro’, organizado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornella (Barcelona), que este ano acadou a súa 29ª edición, e no que foi galardoada, co primeiro premio, Mª Luisa Iglesias Taboada.

O acto de concesión dos premios foi precedido da presentación, no Centro Cultural García Nieto de Cornella, do libro ‘Contos do Mar de Irlanda’, de Xurxo Souto, que deleitou aos asistentes cunha espectacular posta en escena das narracións do libro. Coa musica do seu acordeón cantou algunha das historias e narracións do libro facendo participar ao publico que se mostrou moi participativo.

Pola noite, e no transcurso dunha cea celebrada nas dependencias da entidade e presidida polo alcalde da cidade de Cornella, Antonio Balmón, e o presidente da Asociación, Alfonso Rico, á que asistiron numerosos socios e amigos da entidade, así como diversas autoridades do mundo da cultura e a sociedade de Cataluña e Galicia, ademais de representantes da Corporación Municipal de Cornella e delegacións doutras entidades galegas de Cataluña, o presidente do xurado do certame, Anxo Angueira Viturro (Presidente da Fundación Rosalía de Castro), e composto por persoas relevantes da Cultura Galega, deu a coñecer aos gañadores da edición deste ano 2015 na súa 29ª edición do Certame de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro. Os gañadores foron os seguintes:

Primeiro premio: María Luisa Iglesias Taboada, de A Coruña, polo seu poema titulado ‘O día dezasete de marzo’. Dotación, 500 euros.

Segundo premio: Rocío Leira Castro, de A Coruña, polo poema ‘Muller en cántigas. Lume no peito’. Dotación, 300 euros.

Terceiro premio: Manuel Dopico Padenda, de Ourense, polo seu traballo ‘Contrabandista de sentimentos’. Dotación, 200 euros.

Exposición de pintura

Por outra banda, durante as Xornadas Culturais, que pecharon con este acto, organizadas pola Asociación Galega de Cornella, leváronse a cabo diversas actividades máis, entre elas significar unha exposición de pintura na que o pintor galego afincado en Barcelona Luciano Couselo volveu a Cornella repartindo a súa obra exposta entre a sala do Centro Cultural García Nieto e a Sala da A.C.G. Rosalía de Castro, cunha grande acollida en ámbalas dúas, nas que amosou as súas ultimas creacións artísticas así como unha mostra da súa longa traxectoria como pintor.

Couselo, un artista na vangarda da pintura, vive uns momentos importantes na súa carreira, xustamente nestes intres que a súa obra está en alza e os seus cadros cada vez se cotizan máis, e cunha extensa obra da que leva vendido máis de cinco mil cadros xa. Segundo afirma, nestes intres xa esta nun estado de gozar da súa obra e facer só aquilo que a el máis lle enche e de amosar as súas obras para goce dos amantes da pintura.

Luciano Couselo naceu en Sar (Santiago de Compostela), onde pasou a súa nenez xogando polas súas rúas, e aínda que saíu de Galicia moi novo, Santiago, as súas rúas, os seus, edificios, as feiras e as paisaxes de Galicia foron unha base importante á hora de elaborar a súa pintura, así como todo aquilo que se lle lembrara a Galicia como o Camiño de Santiago ao que lle dedicou varias exposicións e unha abundante obra. Ós 14 anos trasládase coa súa familia a vivir a Barcelona, onde comezou a súa vocación de pintor, despois dunha longa formación en diversas escolas de arte. Desde o ano 1982 dedícase en exclusiva á súa profesión de pintor.

A súa obra atópase nas principais galerías de Cataluña e de Galicia así como en numerosas coleccións en Francia, Alemania, Italia, Suíza, Estados Unidos, Canadá, Gran Bretaña, Uruguai e resto de España, e en numerosos e importantes museos, as súas exposición son numerosas. Tamén colaborou e participou en numerosas manifestacións artísticas, libros, certames, prensa, radio e televisión, e exerceu como profesor de arte en numerosos cursos especiais. Ten acadado numerosos premios e recoñecementos.