A profesora e cantante Carmen Penim explicou ‘O papel da muller galega na musica’

A Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá celebrou unha homenaxe á muller traballadora

O sábado 11 de marzo tivo lugar o acto de homenaxe á muller traballadora na Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá (Barcelona), que preside Oliver Fernández Expósito, coa celebración dunha conferencia baixo o título ‘O papel da muller galega na musica’ a cargo da profesora e cantante galega Carmen Penim.

A Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá celebrou unha homenaxe á muller traballadora
IMG_20170311_192552
Lectura do manifesto por parte das mozas do grupo de música da entidade.

O sábado 11 de marzo tivo lugar o acto de homenaxe á muller traballadora na Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá (Barcelona), que preside Oliver Fernández Expósito, coa celebración dunha conferencia baixo o título ‘O papel da muller galega na musica’ a cargo da profesora e cantante galega Carmen Penim.

O acto comezou cunha homenaxe a Amelia López, que hai tres semanas nos deixou, de súpeto, ela era a organizadora deste evento como delegada da Asociación no ‘Consell Municipal de la Dona de Cornellá’, tamén era a directora da Compañía de Teatro Andoriña desde a súa creación hai máis de vinte anos, composta por actores socios da entidade galega de Cornellá, unha grande colaboradora en calquera dos actos de entidade, así como no ámbito da docencia foi unha das impulsoras do movemento de ‘Pintors de Cornellá’, ademais de exercer de profesora nos colexios de Cornellá e unha grande pintora.

Despois da lectura dun manifesto polo día da muller traballadora, por parte de Cristina e Rocío, dúas mozas do grupo de Danza Gaitas da Asociación, a profesora e cantante Carmen Penim comezou a súa conferencia facendo un exaustivo relato do papel que lle tocou vivir a muller galega no mundo da musica, desde tempos lonxanos ata hoxe, amosando aos asistentes ao acto a biografía e peculiaridades dun bo abano de mulleres galegas que foron grandes musicas, cantantes, etc., e que nembargantes os seus nomes apenas se atopan na historia da musica, o que, aínda hoxe, nos leva á realidade de a discriminación sistemática que a muller sufriu e sufre.

Na segunda parte da súa oratoria, que acompañou con vídeos e imaxes, presentou o seu novo proxecto musical no que está a traballar ‘Herdeiras’, un grupo composto por mulleres co que pretende facerlle unha homenaxe ás mulleres da guerra civil. Un libro-CD que contará tamén cun audiovisual de Margarita Ledo, e no que abunda en colaboracións poéticas destacadas: Eva Veiga, Helena Villar, Carmen Blanco, Marta Dacosta, Marga do Val, que aportan poemas que Carmen Penim musicou. E colaboran con artigos persoais nomes como: Aurora Marco, Luís Bará, Pepe Cáccamo, Amalia Bóveda, Valentín G. Bóveda, Xosé Álvarez, María Torres e Xosé Manuel Cid, entre outros.

O obxectivo deste traballo, segundo Carmen, é “honrar a memoria das nosas humildes heroínas que coa súa determinación mantiveron a dignidade e os valores solidarios en tempos de guerra, a pesar dos sufrimentos e das perdas persoais e familiares”.

Asistiron ao acto as autoridades do Concello de Cornellà, Rocío García, ‘tinenta d'Alcalde i regidora delegada de l'àrea de Cultura i Igualtat’; Aurora Mendo, ‘regidora del Districte IV (La Gavarra)’ e responsable do ‘Consell Municipal de la Dona’, así como representantes doutras entidades da cidade de Cornellá, e numerosos socios e amigos da entidade que encheron a sala de actos da mesma.

E para rematar o acto, as mulleres da Asociación convidaron aos asistentes a unha degustación de produtos típicos da cociña e repostería galegas elaboradas por elas mesmas.