Co gallo da conmemoración do día da muller traballadora

A ACG Rosalía de Castro de Cornellà puxo en escena a obra de teatro ‘A Cinderela e os postres de El Rei’

A ACG Rosalía de Castro de Cornellà celebrou, o sábado 16 de marzo pola tarde, a conmemoración do día da muller traballadora, unha celebración moi familiar e de participación das mulleres de tódalas idades da Asociación, e na que se conta cada ano coa participación do Consell Municipal de la Dona’. Este ano o evento consistiu na representación teatral da Compañía Anduriña da obra, adaptada do texto orixinal, ‘A Cinderela’.

A ACG Rosalía de Castro de Cornellà puxo en escena a obra de teatro ‘A Cinderela e os postres de El Rei’
2 teatro
Numeroso público deuse cita na Asociación Rosalía de Castro de Cornellà para ver a obra de teatro,

A ACG Rosalía de Castro de Cornellà puxo en escena a obra de teatro ‘A Cinderela e os postres de El Rei’. Unha adaptación para o teatro do texto de Nunila López (Grupo de

Teatro ‘Seliña’). A Compañía de Teatro de aficionados da Asociación ‘Anduriña’ foi a encargada de interpretar esta obra, mediante os actuantes seguintes: Pregoeiro: Manuel Rodríguez Julián, Mago/Padrín: José Martín, Maiordomo: Armando Fernández, Madrastra/ Razón 5: Ermitas Regueiro, Moza 1/Razón 1: Rosario Pérez, Moza 2/ Razón 2: Marisa Álvarez, Moza 3/ Razón 3: Divina Vázquez, Moza 4/ Razón 4: Gisela Rodríguez, Cinderela: Rosario Márquez, El Rei: Xulio Couxil, Taberneiro: Alfonso Rico, Apuntador: Antonio Rodríguez, Iluminación e Técnico de son: Alex Colás. Todos baixo a dirección de Gisela Rodríguez.

Esta adaptación consiste nunha versión do conto infantil da Cinderela que aparece maltratada polas súas irmanastras e o propio Rei, que tan só está preocupado por que a súa Cinderela o atenda e lle prepare os seus pósters, que son a súa “máxima debilidade e obsesión”. As súas razóns fana reflexionar e reacciona revelándose e negándose a facerlle os pósters a El Rei, e o Mago-Padriño xunto co Pregoeiro –gardián da xustiza–, sentencian e destronan a súa ‘Maxestade’ por non cumprir coas funcións mínimas de respeto entre as persoas, sen abusos e desfrutando todos por igual. Unha

mensaxe moi acaída para celebrar o Día Internacional da Dona.

A obra representouse no Auditorio de San Ildefonso. Estaba abarrotado de público, un cheo completo de asistentes, que estivo moi atento e receptivo, valorando moito o esforzo dos intérpretes e a expresividade que amosaron. Aplaudiron con moita insistencia a actuación e compartiron, despois da obra, comentarios e agradecementos mutuos, tanto pola actuación como pola asistencia que encheu o Auditorio por completo. Cada ano a Asociación, en coordinación co Consell de la dona do Concello de Cornellà, ofrece unha celebración especial no día Internacional da Muller, e as donas da entidade sempre agasallan aos asistentes nese día, cunha mostra gastronómica persoal elaborada por elas mesmas, con produtos galegos e finaliza con diversos postres típicos, como orellas de entroido, bicas, roscóns, rosquillas, roscos de anís, filloa, etcétera. Este mesmo se ofreceu despois do teatro e foi o momento de falar os actores cos asistentes comentando os diversos momentos da actuación.

Rematou o acto coa lectura do manifesto da cidade de Cornellá por parte de Cristina e Nuria, representantes da Asociación no Consell Municipal da Dona, ademais do presidente da entidade, Oliver Fernández, agradecendo aos participantes da Compañía Anduriña polo labor que están facendo, así como a do os socios e amigos da entidade pola asistencia a este evento así como a outros moitos que ao longa do año organiza a Asociación.