Mensaxe do secretario xeral da Emigración para os lectores de ‘Galicia en el Mundo’

“Seguiremos camiñando xuntos para que Galicia sexa un lugar atractivo no que nacer, crecer, emprender e vivir”

Remata 2021 cun sabor agridoce dende o punto de vista da Secretaría Xeral da Emigración, porque se ben é verdade que puidemos retomar os contactos presenciais, sobre todo en España, e incluso achegarnos ata algúns países americanos para reencontrarnos coas entidades galegas destes lugares, a situación da pandemia segue a limitar os movementos e actividades dos galegos de todo o mundo.

“Seguiremos camiñando xuntos para que Galicia sexa un lugar atractivo no que nacer, crecer, emprender e vivir”
Captura de pantalla 2021-12-23 a las 14.01.45
Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración.

Remata 2021 cun sabor agridoce dende o punto de vista da Secretaría Xeral da Emigración, porque se ben é verdade que puidemos retomar os contactos presenciais, sobre todo en España, e incluso achegarnos ata algúns países americanos para reencontrarnos coas entidades galegas destes lugares, a situación da pandemia segue a limitar os movementos e actividades dos galegos de todo o mundo.

Somos conscientes de que a Covid-19 está a xerar problemáticas a veces difíciles de superar, pero estamos moi orgullosos de que dende os centros galegos se estea a traballar de xeito tan intenso para que ninguén quede sen apoio, sen axuda, sen consolo.

Hai lugares no mundo onde as facilidades sanitarias coas que contamos en Galicia son unha utopía, e aínda así, existen entidades que coidan e protexen aos nosos para que non estean sos, para que conten coas medicinas que precisan, para que teñan un lugar onde ser atendidos.

Os galegos somos e seremos sempre acolledores, entregados e traballadores. Demostrámolo alí onde estamos e onde desenvolvemos a nosa labor e formamos a nosa familia.

Dende a Secretaría Xeral da Emigración aumentamos as nosas aportacións para apoiar, nestes momentos difíciles, a quen máis o precisa e tamén para facilitar que os centros poidan continuar coas súas actividades e reformas.

Pero imos máis aló e seguimos a apostar polo retorno co obxectivo de que os nosos teñan a oportunidade de volver a casa. É o seu dereito e dende a Xunta sentimos a obriga moral de facilitar, no posible, este regreso.

Por iso, imos a continuar ao longo do 2022 traballando arreo para que o retorno poida ser unha opción e para que eses galegos do exterior poidan aportar a nosa sociedade a súa experiencia, o seu saber facer, a súa formación e construír aquí con nós a súa familia.

Seguiremos camiñando xuntos para que Galicia sexa un lugar atractivo no que nacer, crecer, emprender e vivir.

Antonio Rodríguez Miranda

Secretario Xeral da Emigración