Exposicións, talleres, lecturas e actos institucionais para honrar a cultura galega

| 07 Mayo 2018 - 12:36 h.
Ilustración de David Pintor sobre María Victoria Moreno.
Ilustración de David Pintor sobre María Victoria Moreno.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega, e en colaboración coa familia da escritora, pon en marcha unha ampla programación de actividades en todo o territorio nas que se abordarán as diferentes facetas de María Victoria Moreno. 

O acto principal de homenaxe da Real Academia Galega terá lugar o propio 17 de maio, Día das Letras Galegas, no Teatro Principal de Pontevedra e contará coa participación de tres membros de número que farán unha alocución sobre a vida e a obra de María Victoria Moreno. 

Ademais, dende o mes de abril e ata o mes de decembro, terá lugar unha exposición itinerante comisariada polo ilustrador e humorista gráfico David Pintor, que consta de 12 paneis e dúas vitrinas con obxectos persoais da autora. A mostra percorrerá os concellos de Santiago, Pontevedra, A Coruña, Lugo, Vigo, Ferrol, Sanxenxo, Ordes, Celanova, Vilaba e Ourense. As bibliotecas públicas Miguel González Garcés, de A Coruña, e Juan Compañel, de Vigo, levarán a cabo unha mostra bibliográfica das obras da autora. 

 

Participación social

Tamén se levarán a cabo iniciativas de participación social como a Carreira Camiño das Letras, unha lectura participativa na Cidade da Cultura e campañas de divulgación en colaboración coas empresas Feiraco, que convoca un certame de microrrelatos; Vegalsa-Eroski, que contará con bolsas conmemorativas; e Renfe, que promoverá o Día das Letras Galegas nos seus puntos de información das sete cidades galegas e nos repousacabezas dalgúns dos seus trenes. 

En diferentes espazos culturais levaránse a cabo obradoiros, tanto para adultos como para nenos, que tamén poderán disfrutar de contacontos baseados nos textos e na vida da autora. 

A música tamén estará presente neste día tan especial xa que o VII Festival Arte Pola Igualdade que se celebra no Teatro Colón de A Coruña o 10 de maio, inclúe interpretacións para lembrar a vida e a obra de María Victoria Moreno. En Pontevedra, o 16 de maio o Consello da Cultura Galega estrea unha peza composta por Miguel Matamoro sobre un texto da autora homenaxeada. 

As redes tamén terán un importante papel na difusión desta escritora. A través da páxima web http://academia.gal/primaveradasletras, a Real Academia presenta diferentes unidades didácticas en torno as Letras Galegas para que desde os centros escolares podan achegarse a esta figura. 

Ademais, dende comezos de ano a páxina da academia ten activo un espazo biográfico dedicado a María Victoria Moreno e o Portal das Palabras, da Academia e da Fundación Barrié de la Maza, conta con contidos centrados no universo vital e literario de María Victoria Moreno. 

Más acciones:
MÁS NOTICIAS

Boletín de noticias

Si quiere recibir información actualizada de Crónicas de la Emigración, envíenos su correo electrónico.
Suscribirse al boletín

Álbumes de Fotos

Hemeroteca