Organizado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà

O Certame de Poesía en Lingua Galega ‘Rosalía de Castro’ concedeu o primeiro premio a Clara Vidal López

El sábado 2 de decembro, celebrouse o acto de concesión dos premios da 37ª edición do Certame de Poesía en Lingua Galega ‘Rosalía de Castro’, organizado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà (Barcelona), e no que se lle concedeu o primeiro premio a Clara Vidal López pola súa obra ‘A luz ignota’.
O Certame de Poesía en Lingua Galega ‘Rosalía de Castro’ concedeu o primeiro premio a Clara Vidal López
Cornella Poesia 27
A cea de convivencia estivo amenizada pola Banda de Rosalía de Castro.

Pola tarde, o acto de concesión dos premios foi precedido da presentación de dous libros a cargo da presidenta do xurado, Charo Golmar: ‘No bico do vento’ e ‘Alma de Nadal’. Despois da declamación dalgúns poemas a cargo de Charo, tiveron a estimada participación de Su Garrido Pombo, cantautora e compositora galega que encandilou aos asistentes. A recepción dos asistentes á cea de convivencia estivo amenizada pola Banda de Rosalía de Castro.

Ao evento asistiron numerosos socios da entidade. Ademais dos compoñentes do xurado do Certame, participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o alcalde de Cornellà, Antonio Balmon; Mario García Gómez, ‘deputat’ del PSC de Catalunya, así como numeroso socos e amigos da entidade organizadora do evento.

Pola noite, e no transcurso dunha cea-convivio celebrada no restaurante da Asociación, e presidida polo seu presidente, Oliver Fernández, e Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, xunto co tenente de alcalde e rexedor de Cultura de Cornellà, Ot García; Lidia Gómez Pla, rexidora do Barrio da Gavarra no que ten a sede social a A.C.G. Rosalía de Castro, e á que asistiron numerosos socios e amigos, así como diversas autoridades do mundo da cultura e a sociedade de Cataluña e Galicia, ademais de representantes da Corporación Municipal de Cornellà, delegacións doutras entidades galegas de Cataluña e do xurado do Certame.

Déronse a coñecer aos gañadores deste ano 2023:

Primeiro premio: Clara Vidal López, de A Coruña, polo seu poema titulado ‘A luz ignota’. O xurado sinalou a sensibilidade e valoración da memoria do poema. Lembranzas infantís e vencello entre a historia familiar e persoal. Solidez estrutural e a fusión entre as dúas xeracións.

Segundo premio: Carmen Gómez García, de Rivadavia (Ourense), polo seu traballo ‘Beón’. Poesía do próximo, do común, que evoca coa viveza da tradición oral a memoria dun lugar a través do ritmo e a musicalidade.

Terceiro premio: Martiño Maseda Lozano, de Vilalba (Lugo), polo poema ‘Teatro de marionetas’. Segundo o xurado, un conxunto poético de fonda vontade orquestral, no que a poderosa voz do escénico ganduxa unha imaxinería de admirable teselado.

37 anos do Certame de Poesía en Lingua Galega ‘Rosalía de Castro’

Dentro do proxecto cultural e literario que a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà, creou en 1986, sendo presidente da entidade Henrique Fernández Sánchez, e xunto coa edición da revista ‘Lúa Nova’ e os programas de radio ‘Sempre en Galiza’, e máis tarde ‘Galegos no Baix’, créase tamén o Certame de Poesía en Lingua Galega ‘Rosalía de Castro’, que este ano chega a súa trinta e seis edición.

A principios do ano 1987 convócase a primeira edición do certame coa finalidade de promove-la poesía galega e os novos poetas que saíran do país, e tamén como homenaxe á insigne poetisa que dá nome a asociación.

Cumprindo esta tarefa desde os seus comezos ata hoxe, participaron no certame o máis salientable dos escritores que cultivan a primeira das artes da nosa lingua, a poesía. Poetas noveis, afeccionados e mesmo consagrados participaron cos seus traballos ao logo dos trinta e seis anos de vida do Certame. Compre lembrar, precisamente este ano que nos acaba de deixar Darío Xohán Cabana, que foi o gañador da primeira edición en 1987.

Máis de tres décadas consecutivas da edición deste certame, que na actualidade conta cunha inmensa simpatía dentro dos aconteceres poéticos do país e na emigración galega, no que levan participando poetas de tódolos lugares do mundo, alí onde os galegos e os seus descendentes se atopan e cultivan esta arte literaria na nosa lingua. Coidamos que se non é un dos máis importantes editados en lingua galega hoxe, sen lugar a dúbidas, si é o máis importante que se deu na Galicia exterior ó longo da súa historia, e os mesmos participantes dannos a razón, dado o seu interese ano tras ano por participar no Certame, e segundo as valoracións dos diferentes xurados que se encargaron nestas edicións de dar a coñecer os gañadores.

Consideran importante non só o número de participantes, que é moi abondoso e altamente positivo senón que a calidade dos traballos presentados ao Certame, xeralmente e salvo contadas excepcións, é dunha calidade excelente.

Pola calidade dos traballos e polos personaxes gañadores do certame, fai que o Certame neste intre goce dunha inmellorable saúde e as expectativas de futuro son engaiolantes para todos nós que estamos ao redor deste importante evento cultural galego feito en Cornellà, e o que é máis importante para a cultura galega e para o noso país. Nesta 37ª edición houbo unha excelente participación de 93 traballos que aportaron 87 autores.