Unha casa que data do século XVII, doada en estado ruinoso

| 29 Julio 2018 - 23:50 h.

A sede da Fundación Xosé Neira Vilas atópase na casa onde naceu o escritor. Trátase dunha modesta casa de campo situada no núcleo orixinal da parroquia de Gres, na pontevedresa Vila de Cruces. 
Neira Vilas herdou a casa dos seus pais, e el e a súa dona, Anisia Miranda, decidiron doala á Xunta de Galicia coa condición de que fose restaurada e se instalase nela unha biblioteca pública.
A casa, que data de finais do século XVII ou comezos do XVIII, coñecese co nome de ‘Casa do Romano’, xa que nela viviu durante uns quince anos –a finais do século XIX e comezos do XX–, un italiano, de Roma, probablemente anarquista, que fuxira do seu país. Cando voltou para Italia vendeulle esta casa a unha muller que, á súa vez, venderíalla a Santiago Vilas e Maripepa Arteaga, avós maternos de Xosé Neira Vilas, en 1925.
A Casa do Romano foi cedida ó longo dos anos a diversas persoas sen recursos, sen outra vivenda, que a ocuparon temporalmente. 
Cando Neira Vilas e Anisia a doaron estaba baldeira e en estado ruinoso. Para Neira, dende América, a casa foi sempre unha referencia entrañable porque o trasladaba ós anos da súa primeira infancia.


Museo Etnográfico e biblioteca
A Xunta de Galicia aceptou a doazón e designou para a súa restauración ó arquitecto César Portela. A obra rematouse en 1993. Incluía unha nova construcción anexa, de pedra, na que hai unha vivenda que ocuparon Neira Vilas e Anisia mentres viviron, ademais dunha Sala de Exposicións e Concertos. Na antiga casa hai un Museo Etnográfico e a Biblioteca Pública, cunha sala de lectura para nenos e outra para adultos.
O Museo contén arredor de 300 pezas, ordenadas por temas: fogar, apicultura, proceso do viño, carpintería, escola, alumado, pesas e medidas, cultivos, gaiteiros, pesca, proceso do liño e outros.
A biblioteca está aberta ó público todas as tardes, de luns a sábado. O seu fondo alcanza os 8.500 volumes.
Na Sala de Actos Luis Seoane ofrécense cursos, charlas, concertos, teatro para nenos, marionetas, prestidixitación, narración de contos e exposicións, entre outras actividades.

Más acciones:
MÁS NOTICIAS

Boletín de noticias

Si quiere recibir información actualizada de Crónicas de la Emigración, envíenos su correo electrónico.
Suscribirse al boletín

Libros de Crónicas de la Emigración

Colección Cronicas de la Emigración

Gallegos en Cuba

Hemeroteca