Coa participación de Valentín García

A Xornada de Normalización Lingüística celebra os 30 anos dos equipos de dinamización

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na inauguración da XVII Xornada de Dinamización Lingüística que tivo lugar no Consello da Cultura Galega e que cada ano es organizado por Escolas Católicas en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

 

A Xornada de Normalización Lingüística celebra os 30 anos dos equipos de dinamización
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participará na inauguración da XVII Xornada de Normalización Lingüística Escolas Católicas de GaliciaO secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participará na inauguración da XVII Xornada de Normalización Lingüística Escolas Católicas de Galicia

foto xoán crespo
26/11/2021
Valentín García, Rosario Álvarez e Juana Otero, durante a Xornada de Normalización.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na inauguración da XVII Xornada de Dinamización Lingüística que tivo lugar no Consello da Cultura Galega e que cada ano es organizado por Escolas Católicas en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

O representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade valorou o papel destas xornadas “que reúnen os docentes e permiten compartir experiencias de dinamización da lingua galega e colaborar para promovela nos centros educativos, porque da cooperación xorden as mellores ideas”. Así mesmo, o secretario xeral lembrou “o papel fundamental que ten o profesorado para transmitir unha imaxe positiva da lingua galega e animar a xente nova, presente e futuro da lingua, a usala dentro e fóra das aulas”.

Xunto con Valentín García participaron nesta sesión inaugural Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega, e Juana Otero, secretaria autonómica de Escolas Católicas.

Tras o acto de apertura comezou a conferencia ‘30 anos de EDLG. O seu futuro á luz do novo currículo’, impartida polo inspector educativo Elisardo López Varela e centrada en celebrar o traballo que, desde hai tres décadas, veñen realizando os Equipos de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) dos centros de ensino públicos, privados e concertados galegos. De seguido, un relatorio analizou a figura elixida para renderlle homenaxe nas Letras Galegas a partir do vindeiro xaneiro. A docente e directora do proxecto ‘As letras de Florencio’, Déborah Álvarez Moldes, quen tamén se implicou na candidatura do autor do Barco para este 2022, pronuncia a charla ‘Unha achega á vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán’.

O resto da mañá completouse coas chamadas experiencias, a primeira, ‘Despedindo o ano de Xela’, que, como o seu título indica, pecha o ano da poeta máis rompedora das nosas letras da man de Patricia Romasanta e Chelo Quintana, docentes do colexio Carmelitas de Ourense; a segunda, ‘Un mergullo no mundo de Florencio’, impartida por Josefa Domínguez, coordinadora de dinamización lingüística do colexio Divina Pastora do Barco de Valdeorras, abre o camiño ao novo homenaxeado, que sitúa Valdeorras como epicentro destas Letras 2022.

A continuación tivo lugar, por terceiro ano consecutivo, a entrega dos Premios Irmán Reboiras ás mellores iniciativas de fomento do galego, patrocinados polo grupo Rodeira Edebé, que recoñecen o labor dos equipos dos colexios Divina Pastora de Ourense, con Elías Piñeiro á fronte; e San José de Cluny de Santiago, con Esther Balboa, polas iniciativas ‘Cantando en galego’ e ‘Galegoteka’, respectivamente. Finalmente, a xornada pechou cunha homenaxe a un persoeiro da cultura, como é habitual, que este ano ampliou os seus horizontes ao mundo da música recoñecendo o grupo de gaiteiros ‘Os raparigos’, de Ferrol.