EN 1986 EMÍTESE A PRIMEIRA EDICIÓN DO PROGRAMA EN GALEGO MÁIS LONXEVO EN CATALUÑA

O programa ‘Sempre en Galiza’, unha emisión en galego dende Radio Cornellá, celebra os seus trinta anos

| 22 de abril de 2016, 16:29
Sempre en Galiza 30 anos(1)
Equipo de 'Sempre en Galiza'.

Co gallo da celebración dos trinta anos de emisión de ‘Sempre en Galiza’, un equipo de reporteiros do programa da Televisión de Galicia, ‘O País máis grande do Mundo’, visitou as instalacións de Radio Cornellá para realizar unha reportaxe dos 30 anos do programa de radio en galego máis lonxevo do país e o segundo do mundo, que se celebra cada sábado de 16 a 18 da tarde en Radio Cornellá, con entrevistas aos responsables da súa emisión actual:  Xulio Couxil, Laura Santos e Armando Fernández, así como ao primeiro director do programa Manuel Rodríguez Julian e ao presidente da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro, Oliver Fernández, responsable do programa.

O día 16 de abril de 1986, desde as ondas de Radio Cornellá, emítese a primeira edición do programa de radio en galego, hoxe o máis lonxevo dos realizados en Cataluña, co nome ‘Sempre en Galiza’ (adoitado en homenaxe ó libro de Castelao do mesmo nome, biblia do nacionalismo galego), e baixo a dirección de Manuel Rodríguez Julian –presidente fundador da A. C. G. Rosalía de Castro, de quen depende o programa–. Durante os 30 anos de andadura, pasaron pola dirección do programa o xa nomeado e fundador do mesmo, Manuel Rodríguez, que o dirixiu durante ano e medio, Ramón López Pérez, Antonio Díaz Fernández, Xosefina González González, Rosa Reboredo, Emilio Luís López Arias, Xosé Carlos G.G., Serxio Seoane, Xosé Lamela e na actualidade o equipo liderado por Xulio Couxil e acompañado por Armando Fernández e Laura Santos. Baixo a dirección destas persoas é nas que se fundamentou a permanencia do programa e nesta última década Xosé Lamela e o profesor Xulio Couxil.

Moitos foron os colaboradores que semana a semana participaron desinteresadamente na realización do mesmo como locutores, e nas tarefas de producción, nomeamos algunhas das que lembramos, comezando polos primeiros tempos: Xulio Simón, Montse, Mari Paz, Luís Bernedo, Mila Centeno, Adela Trigo, Maruxela Danoz, Xosé Manuel Fernández Montes, Albert Fernández Montes, Xosefina, Henrique Fernández, Antón Fernández, Iria Fernández, entre outros moitos, que de vez en cando pasaron polo programa, e desde Galicia Masito Beiró foi o eixe fundamental para recibir semanalmente as noticias de interese. Tamén subliña-la colaboración desde Lugo, nos comezos, do finado xornalista Manuel Rodríguez, e a actual corresponsalía de Xulio Simón Rúa dende as Rías Baixas, a corresponsalía de Xosé Lamela dende a Baixa Limia, así como tamén a participación do noso ‘Poeta da Mariña’ Paco Ribas e un longo etcétera de persoalidades relevantes da cultura e comunicación de Galicia.

Durante a súa andadura pasaron polo programa numerosas persoalidades da cultura, política, comunicación, etcétera. Como referencia, e por destacar algúns, podemos atopar a persoas da talla de: X. L. Aranguren, Camilo J. Cela, Manuel Fraga, Camilo Nogueira, Xosé Manuel Beiras, Rául Alfonsín, Álvaro Pino, Fernando Romay... e unha longa lista de personalidades, escritores, cantautores, poetas, deportistas, políticos, xunto coas diferentes seccións do programa configuraron a andaina do patrucio dos programas de radio en galego realizados hoxe en Cataluña. Formará parte dos piares do constructo galego en Cataluña e coidamos ten que ser mención obrigada para poder interpreta-la historia da comunidade galega en Cataluña, obxectiva e cualitativamente, sen menoscavo do resto dos programas que se realizaron e se están emitindo na actualidade.  

Hoxe o programa ‘Sempre en Galiza’ emítese tódolos sábados de 18 a 20 horas. O equipo está composto por: Xulio Couxil, Armando Fernández, Laura Santo e Xosé Lamela, Antonio Díaz, e desde Galicia Xulio Simón Rúa e Paco Rivas póñennos o corrente das novas acontecidas durante a semana. O programa é unha especie de magasin onde caben tódolos temas de interese relacionadas con Galicia, en especial temas de cultura, poesía, musica e actualidade, así como a divulgación das actividades da Comunidade Galega en Cataluña, con especial dedicación ás da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro, que é a súa entidade mentora.

‘Sempre en Galiza’ emítese tódolos sábados de 18 a 20 horas, no dial (FM 104.6) tamén se pode seguir por internet www.cornellaweb.comRadio e no enlace http://semprengalicia.blogspot.com/

 

 

 

Más acciones:
MÁS NOTICIAS
  • Colección Crónicas de la Emigración

Boletín de noticias

Si quiere recibir información actualizada de Crónicas de la Emigración, envíenos su correo electrónico.
Suscribirse al boletín

Hemeroteca