Milleiros de galegos asistiron, un ano máis, a Festa Galega de Cornellà

A popular Festa Galega de Cornellà, que organiza a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro, presidida por Alfonso Rico García, cada ano polo Corpus, Festa Maior de Cornella, volveu a recoller éxitos sorprendentes.

Milleiros de galegos asistiron, un ano máis, a Festa Galega de Cornellà
El parque de Can Mercader reunió a numerosos grupos y público.

A popular Festa Galega de Cornellà, que organiza a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro, presidida por Alfonso Rico García, cada ano polo Corpus, Festa Maior de Cornella, volveu a recoller éxitos sorprendentes. Tanto no tocante á participación ciudadana, que lle deu vida coa súa masiva presenza ao mítico Parque de Can Mercader, como no apoio institucional que de tódalas institucións catalanas, Goberno, Concello, etc.

O Parque de Can Mercader, un ano máis, volveu a lucir o seu esplendor e cumpriu con tódalas expectativas, durante os días 8, 9 e 10 de xuño, milleiros de galegos asistiron aos diferentes actos, facendo que esta Festa Galega siga sendo unha cita destacada, dentro dos actos programados en Cornella, co gallo das súas festas patronais, e tamén como acontecemento no que se dan cita unha grande maioría de galegos residentes en Barcelona.

Os actos festivos comezaron o venres pola tardiña coa homenaxe aos socios da entidade, coa celebración no recinto da festa, dunha Cea de Irmandade á que asistiron numerosos socios e amigos de Rosalía de Castro e a rexedora do Barrio da Gabarra –onde ten a sede social a entidade–, Aurora Mendo, entre outras autoridades e representantes doutros estamentos socioculturais de Cornellà, e na que se lles homenaxeaba coa Insignia de Prata da entidade aos socios: Manuel Cotos e Armando Fernández, que este ano cumpriron 25 anos de antigüidade na asociación, acto que seguiu coa tradicional verbena.

Unha festa que volveu a render homenaxe á poetisa que lle dá nome a entidade, coa celebración da ‘Ofrenda Floral’, un acontecer de identidade galega que se levou a cabo o sábado pola mañá, nun emotivo acto no que o alcalde de Cornellà, Antonio Balmón, xunto co presidente da Asociación, Alfonso Rico, e o representante da Generalitat de Catalunya Salvador Jorba, presidiron o acto depositando o tapiz de flores representando as bandeiras de Galicia e Catalunya. Acto ao que asistiron outras autoridades como os portavoces do grupos municipais de Cornellà ademais da Corporación Municipal, a directora de Acción Cívica e Comunitaria da Generalitat, Viola Cervera; Mati Aparicio, responsable de Entidades e Casas Rexionais; e Francés Molina, subdirector general d'Equipaments Cívics i Activitats da Generalitat de Catalunya; e o expresidente da Generalitat de Catalunya e presidente de honor de Rosalía de Castro, José Montilla, que tamén asistiu ao posterior xantar campestre xunto aos socios da entidade. Asemade, socios e amigos, entidades e institucións públicas renderon unha sentida homenaxe de Cataluña e Galicia á musa das nosas letras, depositando o seu correspondente ramallo de flores á beira do monólito de Rosalía, ó son dos himnos catalán e galego, interpretados pola banda de gaitas da A.C.G. Rosalía de Castro, o grupo de música catalana Sacaires de Tarragona, perante o numeroso público que cada ano acude á ofrenda.

Ademais de tódalas actuacións que estiveron á altura que a festa merece, no eido gastronómico, numerosas familias se deron cita á sombra das centenarias árbores de Can Mercader, para degustar xantares campestres e compartir unha fin de semana gozosa na que se citan cada ano amigos e familiares da colectividade galega de Cataluña. Na festa actuaron os grupos: Agrupación Cultural Sacaires de Tarragona, como convidados especiais este ano, Casa Galega de Hospitalet, Amigos da Gaita Toxos e Xestas, Agrupación Cultural Agarimos de Badalona, Irmandade Galega de Rubí, Agrupación Cultural Andaluz Blas Infante e Asociación Cultural Estremeña San Isidro Labrador e o grupo de danza de Cornella per las Dones, ademais do grupo da entidade organizadora, A.C.G. Rosalía de Castro, e as orquestras ‘Swit-Latino’, ‘Tax-Man’ e ‘Mágic’.

Asemade os asistentes tamén puideron ollar exposicións de libros, pinturas, música, etc., a cargo da produtora Serxiofolk, así como abundante información sobre turismo de Galicia e o Camiño de Santiago. Así como todo tipo de produtos da gastronomía galega servidos con exquisitez por Exclusivas Casa Díaz de Lugo.