Este ano, son 16 premiados en distintos eidos

A Fegalcat entregará os premios Alecrín 2020 no concello ourensán de Castro Caldelas o vindeiro 11 de agosto

Como cada ano a Federación de Entidades Culturais Galegas de Catalunya (FEGALCAT) entregará os premios Alecríns 2020. O lugar escollido este ano para a entrega dos galardóns é o concello ourensán de Castro Caldelas o vindeiro 11 de agosto, ás 12 da mañá. O acto está organizado pola Federación de Entidades Galegas e colaboran tódalas entidades que a forman.
A Fegalcat entregará os premios Alecrín 2020 no concello ourensán de Castro Caldelas o vindeiro 11 de agosto

Como cada ano a Federación de Entidades Culturais Galegas de Catalunya (FEGALCAT) entregará os premios Alecríns 2020. O lugar escollido este ano para a entrega dos galardóns é o concello ourensán de Castro Caldelas o vindeiro 11 de agosto, ás 12 da mañá. O acto está organizado pola Federación de Entidades Galegas e colaboran tódalas entidades que a forman, así como a Diputación de Barcelona, Concello de Barcelona, Obra Social da Caixa, Concello de Castro Caldelas e Xunta de Galicia.

Este ano os galardoados son: á Memoria Musical, Banda A Lira de Ribadavia; no Eido da Promoción Cultural, Siro; á Institución Cultural, Fundación Vicente Risco; á Institución Social, Fundación San Rosendo; no Eido Empresarial, Pazo Mariñán-Bodegas Monterrei; no Eido Colaboración, Aura Seguros de Santa Coloma; no Eido do Arte, Carballido; pola súa traxectoria no Eido da Comunicación, Justo Molinero; no Eido Literario, Amador Castro Moure; no Eido do Deporte, Óscar Pereiro; no Eido da Música, Uxía; no Eido da Etnografía, Casa do Patrón; no Eido empresarial na diáspora, García & García, Celtica histores; no Eido da Innovación: Juan Luís Méndez-Vía Romana; Alecrín Berciano, Jesús Álvarez, cura párroco de Cacabelos; e no eido de empresa berciana: Sociedad Cooperativa Agrícola Gistredo Castaña de Parede.

A Fegalcat entregará os premios Alecrín 2020 no concello ourensán de Castro Caldelas o vindeiro 11 de agosto