VOLVEU A RECOLLER éXITOS ESPECTACULARES TANTO NA PARTICIPACIóN CIUDADANA COMO NO APOIO INSTITUCIONAL

Can Mercader, a raíña das festas galegas no exterior

Un ano máis, a popular Festa Galega de Cornella, que organiza a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro, cada ano polo Corpus, Festa Maior de Cornella, volveu a recoller éxitos espectaculares. Tanto no tocante á participación ciudadana, que lle deu vida coa súa masiva presenza no mítico Parque de Can Mercader, como no apoio institucional de tódalas institucións cataláns, Goberno, Concello, etc.

Can Mercader, a raíña das festas galegas no exterior
Los más pequeños también participaron de la fiesta.

Un ano máis, a popular Festa Galega de Cornella, que organiza a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro, cada ano polo Corpus, Festa Maior de Cornella, volveu a recoller éxitos espectaculares. Tanto no tocante á participación ciudadana, que lle deu vida coa súa masiva presenza no mítico Parque de Can Mercader, como no apoio institucional de tódalas institucións cataláns, Goberno, Concello, etc.

O Parque de Can Mercader volveu a lucir o seu esplendor e cumpriu con tódalas expectativas, durante os días 31 de maio, 1 e 2 de xuño, milleiros de galegos asistiron aos diferentes actos, facendo que esta Festa Galega siga sendo unha cita destacada, dentro dos actos programados en Cornella, co gallo das súas festas patronais, e tamén como acontecemento no que se dan cita unha grande maioría de galegos residentes en Barcelona.

Os actos festivos comezaron o venres pola tardiña coa homenaxe aos socios da entidade, mediante a celebración, no recinto da festa, dunha ‘Cea de Irmandade’ á que asistiron numerosos socios e amigos de Rosalía de Castro, a rexedora do Barrio da Gabarra, onde ten a sede social a Entidade, Aurora Mendo, e Emilia Briones, teniente de alcalde da Área de Presidencia, entre outras autoridades e representantes doutros estamentos socioculturais de Cornella. En esta cea se lles homenaxeou coa Insignia de Prata da entidade aos socios: Gilberto Vázquez, Xosé M. Fernández, Oliver Fernández e Manuel Fernández, que este ano cumpriron 25 anos de antigüidade na asociación, acto que seguiu coa tradicional verbena.

Ofrenda Floral a Rosalía de Castro

A redor dun milleiro de persoas asistiron á ‘Ofrenda Floral’, un acontecer de identidade galega que se levou a cabo o sábado pola mañá, nun emotivo acto no que o alcalde de Cornella, Antonio Balmón, xunto co presidente da Asociación, Alfonso Rico, e o representante da Generalitat de Catalunya, Xavier Cortés, presidiron o acto depositando o tapiz de flores representando a Galicia e Catalunya. Acto ao que asistiron outras autoridades como os portavoces dos grupos municipais de Cornella, ademais da Corporación Municipal, e o expresidente da Generalitat José Montilla, así como ao posterior ‘Xantar campestre’ xunto aos socios da Entidade.

Asemade, socios e amigos, entidades e institucións públicas renderon unha sentida homenaxe de Catalunya e Galicia á musa das nosas letras, depositando o seu correspondente ramallo de flores á beira do monólito de Rosalía, ó son dos himnos catalán e galego, interpretados pola banda de gaitas da A.C.G. Rosalía de Castro,  xunto cos grupos Casa Galega de Hospitalet, Agarimos de Badalona e o Agrupación Folklórica ‘Esbart San Feliut’, que participaron no acto.    

Ademais de tódalas actuacións que estiveron á altura que a festa merece, no eido gastronómico, numerosas familias se deron cita á sombra das centenarias árbores de Can Mercader para degustar xantares campestres e compartir unha fin de semana gozosa con amigos e familiares, unha xuntanza gastronómica e festiva na que se citan cada ano amigos e familiares da colectividade galega de Cataluña, que compartiron con socios e amigos da entidade organizadora unha gran festa galega nun dos máis fermosos parques de Catalunya como é Can Mercader de Cornella. Deleitaron coas súas actuacións os grupos: Agrupación Folklórica ‘Esbart San Feliut’, como convidados especial este ano, Casa Galega de Hospitalet, Amigos da Gaita Toxos e Xestas, Agrupación Cultural Agarimos de Badalona, Irmandade Galega de Rubí, Agrupación Cultural Andaluza Blas Infante, e o grupo de danza de ‘Cornella per las Dones’, ademais do grupo da entidade organizadora, A.C.G. Rosalía de Castro, e as orquestras, ‘Marimba’ e ‘Gramola’.

Asemade os asistentes tamén puideron ollar exposicións de libros, pinturas, música, etc., a cargo da produtora Serxiofolk, así como abundante información sobre turismo de Galicia e o Camiño de Santiago, e todo tipo de produtos da gastronomía galega servidos con exquisitez por Exclusivas Casa Díaz de Lugo.

A festa solidaria

Conscientes da situación económica na que nos atopamos nestes momentos, nos que na cidade de Cornella, agás a sela segunda cidade do Estado español con menos débeda, hai familias que se atopan a beira da exclusión social, por iso este ano a A.C.G. Rosalía de Castro quixo que esta festa tamén teña algo para estas familias, así que moitos dos produtos que se consumiron durante a festa, o seu marxe económico se convertera en alimentos solidarios que irán a esas familias a través da Botica Solidaria de Cornella.