A Irmandade Galega de Rubí celebró a Festa da Matanza

Os compoñentes da Irmandade Galega de Rubí (Barcelona) que preside, Silvia Castañeda organizaron, un ano máis, a tradicional Festa da Matanza; un evento no que tódolos socios participan activamente

A Irmandade Galega de Rubí celebró a Festa da Matanza
Un intre da celebración nas instalacións da Irmandade.

Os compoñentes da Irmandade Galega de Rubí (Barcelona) que preside, Silvia Castañeda organizaron, un ano máis, a tradicional Festa da Matanza; un evento no que tódolos socios participan activamente, desde os primeiros anos de andadura da entidade, tradicionalmente celebrada nun dos parques máis significativos da cidade ‘Can Oriol’. Este ano con motivo da climatoloxía celebrárona nas dependencias da entidade, isto fixo que a asistencia fora limitada por aquilo do aforo, sinalando a presidenta da Irmandade, Silvia: “Sentimos moito que este ano non poidan asistir moitos dos veciños da Vila que normalmente acoden cada ano a este evento, por outra banda deste xeito tamén se semella máis as celebracións que faciamos nas nosas aldeas galegas, e todo como máis familiar”.