O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, asistiu ao evento

Fernández Davila gañou o Certame de Poesía ‘Rosalía de Castro’ de Cornellà polo seu poema ‘Poemas d aeroporto’

Organizado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà (Barcelona) celebrouse, este pasado sábado, o acto de concesión dos premios do Certame de Poesía en Lingua Galega ‘Rosalía de Castro’, que este ano acada a súa 33ª edición, e no que se lle concedeu o primeiro premio a Francisco Javier Fernández Davila polo seu poema ‘Poemas d aeroporto’.
Fernández Davila gañou o Certame de Poesía ‘Rosalía de Castro’ de Cornellà polo seu poema ‘Poemas d aeroporto’
CERTAME POESIA 2019 (9)
Valentín García, en un momento de su intervención en el certamen.

Organizado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà (Barcelona) celebrouse, este pasado sábado, o acto de concesión dos premios do Certame de Poesía en Lingua Galega ‘Rosalía de Castro’, que este ano acada a súa 33ª edición, e no que se lle concedeu o primeiro premio a Francisco Javier Fernández Davila polo seu poema ‘Poemas d aeroporto’.

Un día que comezaba cheo de cultura, literatura e poesía galegas, coa presentación nos locais da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro do libro ‘O paxaro de Nácara’, da escritora galega residente en Barcelona Pura Salceda, editado por Galaxia Edicións. Unha novela ambientada na problemática da emigración galega na que a súa protagonista, “Nélida, unha galega emigrada a Barcelona, retorna á súa aldea polo funeral da súa avoa. Alí reencóntrase con Elías, un antigo amor que se truncou cando el emigrou a México. Agora ela está casada e con fillos, polo que aparentemente todo é auga pasada. Mais o encontro con Elías fará revivir un tema que creían agachado: a misteriosa morte hai moitos anos de Gonzalo, un tío de Nélida en México, nun accidente de coche”, segundo a editorial Galaxia.

Sobre estes vimbios, Pura Salceda constrúe unha novela de intriga en que o amor e o erotismo, así como uns personaxes arrastrados polo destino, van comprender que nada é tan sinxelo como, de primeiras, parece.

Pura Salceda, filla de emigrantes galegos, naceu en Cidade de México e vive en Barcelona. É doutora en Filoloxía románica e licenciada en Filoloxía hispánica. Publicou en 2003 ‘Hola, de dónde eres? Manual de urgencia para navegar en los chats’, en colaboración con Andrés Aberasturi; e en 2018, a novela ‘Alicia en Penumbra. Historia de Perra Negra’. Como poeta, é autora dos libros: ‘A ollada de Astarté’ (2007), en galego; e a catro mans: ‘Dois corpos nus, despíndose/Dous corpos nus, espíndose’, con Casimiro de Brito (2016), en galego e portugués. En castelán publicou: ‘Versos de Perra Negra’ (2005), ‘Mares Online’ (2008); e ‘De ti y de mí’, en ‘Las mejores historias de amor’. E en versión bilingüe catalán-castelán: ‘L’amant circumstancial’ (2014) e ‘Un Llop estrany’ (2017). Tamén coordinou a antoloxía ‘Erato bajo la piel del deseo. Antología de poesía erótica’ (2010). Obtivo o premio ‘Sal a escena 2009’, convocado polo Ministerio de Igualdad de España, polo guión da curtametraxe ‘Más asesinadas’, dirixida por Mario Pilarte. Foi secretaria xeral da Associació Col·legial d’Escriptors de Catalunya (ACEC) de 2010 a 2017. Edita desde 2006 o blog ‘Sintagma in Blue’.

Ao acto asistiu, ademais dos compoñentes do xurado do Certame de Poesía, así como numerosos socios da entidade, o xecretario xeral de política lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García Gómez, que se desprazou a Cornellá para o evento.

Pola tarde, o acto de concesión dos premios, foi precedido da presentación doutro libro publicado pola A.C.G. Rosalía de Castro de Cornellá, o tercer libro relativo ao  Certame de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro, coa colaboración da Xunta de Galicia e mailo Concello de Cornellà de Llobregat. O evento tivo lugar na sede da Asociación, e súa presentación correu a cargo do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García, baixo o titulo ‘Certame de Poesía Rosalía de Castro (1997-2018)’, prologado polo escritor Armando Requeixo, que tamén participou no acto, e ilustra a súa tapa o artista de Padrón Masito Beiró.

O libro, como o seu titulo di, trátase de un recolleita dos tres poemas premiados de cada ano deste Certame de Poesía de entre os anos 1997 ata o 2018, 63 poemas dos principais autores contemporáneos da poesía galega que foron premiados neste Certame e no que atopamos nomes como: Marcelino Sixto Deibe, Antón Riveiro Coello, Modesto Fraga, Rexina  Vega,  Baldo Ramos, Ana Vázquez Estévez,  Emma Pedreira, Lito Caramés, Alberte Momán, Yolanda López, Alba Cid, Israel Martínez Veiga, Cruz Martínez Vilas, Amauta Castro, Miriam Ferradans, Cristina Ferreiro, Arancha Nogueira, Manuel Dopico, Issad Xubin e Gonzalo Hermo, entre outros.

As diferentes actividades contaron coa asistencia de numeroso publico, así como a presencia do alcalde de Cornellà, Antonio Balmón, que se encargou de pechar o acto agradecendo a colaboración dos protagonistas da xornada de Cultura e poesía galegas coa diversidade cultural que a cidade de Cornellà representa, na que a Asociación Rosalía de Castro é un piar fundamental.

Pola noite e no transcurso dunha cea celebrada no restaurante da Asociación galega de Cornellà, e presidida polo seu presidente, Oliver Fernández Expósito, á que asistiron numerosos socios e amigos, así como diversas autoridades do mundo da cultura e a sociedade de Cataluña e Galicia, ademais de representantes da Corporación Municipal de Cornella e delegacións doutras entidades galegas de Cataluña, o presidente do xurado do certame deu a coñecer aos gañadores deste ano:

Primeiro premio: Francisco Javier Fernández Davila, de Vigo, polo seu poema ‘Poemas d aeroporto’.

Segundo premio: Lupe Gómez Arto, de Santiago de Compostela, polo seu traballo ‘Reverberación’.

Terceiro premio: Martiño Maseda Lozano, de Vilalba (Lugo), polo poema ‘Alguén matou a Primavera’.

Ademais, o xurado concedeu unha mención especial ao poema ‘Afacerse ao lume’, de Esther Val Rodríguez.

O xurado estivo composto por:

Presidente: Pura Salceda, escritora

Vicepresidente: Miriam Reyes, poeta galega.

Vocal 1: Armando Requeixo, investigador, profesor e crítico literario.

Vocal 2. Xulio Simón, profesor licenciado en Galego e Portugués.

Vocal 3: Luís Losada, profesor.

Vocal 4º: Daniel Giraldo.

Secretario: Xulio Cougil, profesor licenciado en Galego e Portugués. Xubilado.