Centrou a súa charla nas mulleres da conserva galega

A escritora Miriam Ferradáns ofreceu unha conferencia polo Día Internacional da Muller en ‘Rosalía de Castro’ de Cornellá

O sábado 16 de marzo tivo lugar o acto de homenaxe á muller traballadora na Asociación Cultura Galega Rosalía de Castro de Cornellá, coa celebración dunha conferencia baixo o título ‘As mulleres da conserva galega’, a cargo da escritora Miriam Ferradáns Ferradas, quen estivo arroupada por numeroso público, socios e amigos da asociación que preside Oliver Fernández.

A escritora Miriam Ferradáns ofreceu unha conferencia polo Día Internacional da Muller en ‘Rosalía de Castro’ de Cornellá
IMG_20190316_184953
Participantes no acto, prepararon unha degustación de productos da terra.

O sábado 16 de marzo tivo lugar o acto de homenaxe á muller traballadora na Asociación Cultura Galega Rosalía de Castro de Cornellá, coa celebración dunha conferencia baixo o título ‘As mulleres da conserva galega’, a cargo da escritora Miriam Ferradáns Ferradas, quen estivo arroupada por numeroso público, socios e amigos da asociación que preside Oliver Fernández. Tamén asistiron representantes do Concello de Cornellá e de outras institucións como o Conselle Municipal de la Dona, no que a entidade galega está representada, e entidades socioculturais, especialmente, as que se dedican á problemática das muller como  ‘Cornellá per les Donas’, etc.

Unha fermosa tarde a que nos ofreceu a poeta galega Miriam Ferradáns, xa que, despois da lectura por parte de dúas mozas do grupo de danza da Asociación dun manifesto polo día da muller traballadora, a conferenciante nos deleitou cunha charla sobre a pegada que as mulleres galegas deixaron na industria da conserva en Galicia, amosando ao público asistente unha realidade acontecida desde o asentamento na costa galega das primeiras fábricas de conserva alá polo ano 1750 ata hoxe, e que colleu o seu esplendor nos primeiros anos do século XX coa chegada de empresarios cataláns a Galicia por mor da escaseza da sardiña no Mediterráneo. De aí que se foran a Galicia para seguir alí cos seus negocios. A raíz deste asentamento de uns cantos empresarios catalás, a industria da conserva en Galicia chegou a ser a máis importante de Europa a mediados do século XX. Dos centos e centos de fábricas que se montaron daquela, hoxe xa non queda ningunha.

Esta industria deu emprego a milleiros de mulleres con unhas condicións de semiescravitude na maioría dos casos. Estas condicións laborais foinas debullando na súa narración a conferenciante, deleitando así ao numeroso público asistente: condicións marcadas desde os seus comezos pola discriminación laboral que ía desde os salarios que sempre eran a metade dos do home ata teren que pasar outras moito peores.

Miriam fixo unha conferencia que sen dubida tamén deixou pegada nas mulleres e homes que estiveron presentes neste acto adicado ao día da muller traballadora. Foi unha narración chea de sabores e insabores, de rabias, sentimentos e emocións ao lembrarnos as dramáticas condicións laborais na historia das mulleres galegas na industria da conserva. Seguramente foron ó mesmo ou parecidas noutras ramas, pero neste acto tocou falar “das mulleres do peixe”, como di a dramaturgo Cándido Pazo. 

E para rematar o acto, as mulleres da Asociación convidaron aos asistentes a unha degustación de produtos típicos da cociña e repostería galegas elaboradas por elas mesmas; unha tradición que veñen facendo desde os primeiros anos de andadura de entidade, nesta día tan especial, aínda que a participación das mulleres nas actividades da entidade é transversal, xa que participan activamente en cada un dos actos que durante o ano se levan a termo.

As notas musicais que se merece un acto coma este puxéronas compoñentes do grupo de gaitas e cantareiras da Asociación, arroupando así a conferenciante, Miriam, quen xa ten un vínculo moi especial coa Asociación, dado que foi gañadora dos tres premios de poesía Rosalía de Castro que organiza a entidade. Ademais, no último participou como vicepresidenta do xurado.