Participou no certame o máis salientable dos escritores que cultivan a poesía

A Asociación de Cornellà celebra os trinta anos do certame de poesía en lingua galega ‘Rosalía de Castro’

Dentro do proxecto cultural e literario que a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà, creado en 1986 sendo presidente da entidade Henrique Fernández Sánchez, e xunto coa edición da revista ‘Lúa Nova’ e o programa de radio ‘Sempre en Galiza’, crease tamén o Certame Nacional de Poesía en Lingua Galega ‘Rosalía de Castro’.

A Asociación de Cornellà celebra os trinta anos do certame de poesía en lingua galega ‘Rosalía de Castro’

Dentro do proxecto cultural e literario que a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà, creado en 1986 sendo presidente da entidade Henrique Fernández Sánchez, e xunto coa edición da revista ‘Lúa Nova’ e o programa de radio ‘Sempre en Galiza’, crease tamén o Certame Nacional de Poesía en Lingua Galega ‘Rosalía de Castro’.

A principios do ano 1987 convocase a primeira edición do certame coa finalidade de promove-la poesía galega e os novos poetas que saíran do país, e tamén como homenaxe á insigne poetisa que dá nome a asociación galega. Cumprindo esta tarefa desde os seus comezos ata hoxe, participou no certame o máis salientable dos escritores que cultivan a primeira das artes da nosa lingua, a poesía. Poetas noveis, afeccionados e mesmo consagrados participaron cos seus traballos ó logo do trinta anos de vida do.

Tres décadas consecutivas da edición deste certame, que na actualidade conta cunha inmensa simpatía dentro dos aconteceres poéticos do país e na emigración galega, no que levan participando poetas de tódolos lugares do mundo, alí onde os galegos e os seus descendentes se atopan e cultivan esta arte literaria na nosa lingua. Coido que se non é un dos máis importantes editados en lingua galega hoxe, sen lugar a dúbidas, si é o máis importante que se deu na Galicia Exterior ó longo da súa historia, e os mesmos participantes dannos a razón, dado o seu interese ano tras ano por participar no Certame, e segundo as valoracións dos diferentes xurados que se encargaron nestas edicións de dar a coñecer os gañadores, non só o número de participantes é altamente positivo senón que a calidade dos traballos presentados ó Certame, xeralmente e salvo contadas excepcións, é dunha calidade excelente.

Pola calidade dos traballos e polos personaxes gañadores do certame, fai que o Certame neste intre goce dunha inmellorable saúde e as expectativas de futuro son engaiolantes para todos nós que estamos ó redor deste importante evento cultural galego feito en Cornellà, e o que é máis importante para a Cultura Galega e para o noso País.

Bases

A Asociación Cultural Galega ‘Rosalía de Castro’ de Cornellà (Barcelona) convoca o XXX Certame de Poesía en Lingua Galega ‘Rosalía de Castro’ do ano 2016 baixo as seguintes bases:

1.- O poema estará escrito en Lingua Galega e terá un mínimo de trinta e un máximo de cen versos. Admitíranse conxuntos de poemas de temática común, sempre que non excedan dos cen versos.

2.- Os traballos enviaranse en sobre sen remite e sen indicación algunha referente á personalidade do autor, ó enderezo da Asociación: Rúa Federico Soler, 71, 08940-Cornellá (Barcelona). Noutro sobre pechado figurará no exterior o primeiro verso do poema e no interior do mesmo sobre constará: Nome e apelidos, enderezo, DNI, teléfono e correo electrónico do autor.

3.- Deberá enviarse cinco copias dos poemas, en formato normal, sen encadernar ou grapar, antes do día 15 de outubro de 2016.

4.- A A.C.G. Rosalía de Castro nomeará ó xurado entre personalidades relevantes da creación e da critica.

5.- Os premios consistirán:

 1º premio: 700 euros.

2º premio: 350 euros.

3º premio: 250 euros.

6.- O veredicto dos premios darase a coñecer nas Xornadas Culturais a celebrar no outono de 2016. Os premiados deberán facilitar á organización os seus traballos en soporte informático tipo documento word.

7.- O feito de concursar supón acepta-las resolucións do xurado así como as bases do Certame. Non se devolverán os orixinais.

8.- A entidade convócante resérvase os dereitos de publicación e de tradución dos orixinais gañadores no medio e formato que estime oportuno, sen límite de exemplares nin de edicións, permitindo ao autor calquera outra posible edición posterior baixo acordo e comunicación expresa coa entidade convócante, citando sempre o certame e a entidade.