MENSAXE DE NADAL DE ANTONIO RODRÍGUEZ MIRANDA, SECRETARIO XERAL DE EMIGRACIÓN

O 2021 traeranos esperanza, alegría e a recuperación da nosa vida

| 21 de diciembre de 2020, 18:02
Antonio Rodriguez Miranda.
Antonio Rodriguez Miranda.
Estimados amigas e amigos: É para min unha satisfacción poder dirixirme a vos nesta época, que se ben é certo, será diferente á doutros anos, non deixa de ser entrañable como ningunha. Remata un ano inesquecible, difícil, duro e complexo, que nos fixo chorar e sufrir, pero tamén que nos converteu en persoas máis fortes e máis humanas. Agora que comezan a soar as primeiras panxoliñas, que temos xa colocadas as grilandas nas árbores e o visgo na porta, é momento de facer balance do ano que deixamos atrás. Dende a Xunta de Galicia somos conscientes das enormes dificultades que están a vivir os nosos galegos no exterior a causa dunha pandemia que roubou vidas, soños e esperanzas e que nos deixou lágrimas, soidade e dor. Por iso é, máis que nunca, necesario enviarvos unha enorme e forte aperta, e un agradecemento dende o máis fondo por coidarvos os uns dos outros, por manter as distancias, por usar a máscara, por ser, xuntos, a familia que somos, en calquera recuncho do mundo. Tende a certeza de que nós, dende Galicia, nunca deixamos de estar pendentes de vos para tratar de axudarvos, con todo o agarimo do mundo, en todo o que nos sexa posible. Pero temos que recordar que o mellor sempre está por vir, e estamos seguros que o 2021 traeranos esperanza, alegría e a recuperación da nosa vida. Para todos os galegos do mundo, o ano que comeza non é calquera ano, será o ano do noso Xacobeo e agardamos que xuntos poidamos convertelo no Ano Santo máis importante da Historia. Nós, dende logo, traballaremos para elo, e contamos xa, estou seguro, con todo o voso apoio e a vosa enerxía para celebrar o Día da Galicia Exterior máis apaixonante e emotivo de cantos se celebraron nunca. Feliz Nadal e Aninovo para toda a comunidade galega. Xuntos seremos sempre máis fortes. Antonio Rodríguez Miranda Secretario xeral de Emigración
Más acciones:
MÁS NOTICIAS
  • Colección Crónicas de la Emigración

Boletín de noticias

Si quiere recibir información actualizada de Crónicas de la Emigración, envíenos su correo electrónico.
Suscribirse al boletín

Hemeroteca