Opinión

Cartas entre confines

A Manuel Pérez LorenzoLembrado amigo:Comezo por che agradecer tódalas atencións que me brindaches na nosa Galiza mariñeira de Sada, ao tempo que che felicitar polas túas importantes achegas ao coñecemento da historia da República e dos nosos loitadores galeguistas nese recuncho tan fermoso que é Sada...
A Manuel Pérez Lorenzo
Lembrado amigo:
Comezo por che agradecer tódalas atencións que me brindaches na nosa Galiza mariñeira de Sada, ao tempo que che felicitar polas túas importantes achegas ao coñecemento da historia da República e dos nosos loitadores galeguistas nese recuncho tan fermoso que é Sada...
Entre tódalas viaxes á Terra Nai que teño no meu fardel, ista das Xornadas é unha das máis –senón a máis– salientábel, polo significado que tiña para min, como xa o dixen, remata-lo traballo de investigación da obra de Ramón Suárez Picallo en Chile e pechar unha débeda e un ciclo; mais o que queda aniñado para sempre no corazón é o agasallo humano das gratas compañas, o recendo das paisaxes e o rumor do viño, ao decir dun poeta chileno ‘el ruido que hace el día al llenarse como un vaso’.
Acompaño a carta que é para todos vos, para a doce Ana Gloria, para a xentil Marisa, para ti, xoven compañeiro de arelas, para Paco e mais Abel...
Tes eiquí un recanto austral e unha casa coa lareira acesa,
Unha fonda aperta,
Edmundo


Resposta de ‘Lito’
Amigo Edmundo:
Chegue ata ti todo o meu agradecemento, o meu afecto e os meus parabéns polo traballo importantísimo que desenvolviches durante a túa estadía en Sada. A carencia dunha política cultural efectiva nas últimas décadas e dun entramado asociativo consistente que a suplise, unido á propia xestión política do Concello durante esa longuísima ditadura que comezou en sangue aló polo 1936 e non rematou ata o 2007, fixo dos sadenses unha poboación desinteresada da súa Historia combativa, intensa, feliz e tráxica; das súas tradicións específicas e centenarias, gravadas a ferro nas vellas falas, na madeira dos barcos e na cachotería das casas temerosas; da súa paisaxe húmida e confusa nas Brañas, dura e salgada nas rochas de Carnoedo, eterna de camiños cunha única dirección no lugar, algúns din que maldito, de Veloi. E ti, Edmundo Moure, conseguiches o que nós non conseguimos: achegar a un bo puñado de xente a estas realidades. Tiveches que vir desde máis aló de todas as Fisterras, desde a outra banda do Mar Tenebroso, para amosarnos unha parte de nós mesmos. Por iso, en Sada che estaremos sempre agradecidos.
E sei que estas verbas, emocionadas pero sinceras (se cabe a emoción sexa o único sincero), van chegar ata ti. Porque, a fin de contas, tampouco estás tan lonxe. Hai moitos sadenses e moitos galegos que, sen saíren das súas casas, están bastante máis afastados da realidade que os rodea por todas partes, que os afoga sen que se queiran dar de conta. E han de te chegar porque ti, Edmundo, “sendo dos que se van, sabes estar xunto aos que veñen”, que dixo aquel noso compañeiro de peregrinaxes infinitas polos vieiros tráxicos do desterro.
Eu condecórote, amigo Edmundo Moure, co título de irmán adoptivo das sardiñas de Sada, dos ventos de San Amede, do viño de Samoedo, das bágoas silenciadas de Meirás, da rebeldía lúcida e xenerosa daqueles revolucionarios dos anos 30. E condecórome coa honra e co orgullo de te contar por amigo.
En Samoedo, Sada, a 12 de xuño do 2008

P.D.: Estou preparando a edición dos artigos que publicara, na súa curta vida, Xohán Antón Suárez Picallo. Irían precedidos dunha introducción na que se contextualizara a súa biografía na Sada do seu tempo. Envíoche adxunto o esquema que teño feito (os títulos dos apartados non son definitivos, senon orientativos). Agardo o teu consello.
Manuel Pérez Lorenzo-Samoedo-Sada


Carta aos meus irmáns
Hermanos, esta carta es uno de los textos más conmovedores que yo haya recibido nunca... Proviene de un joven historiador gallego, oriundo de Sada, que realiza un posgrado en la Universidad de Santiago de Compostela sobre ‘Historia Contemporánea de Galicia’... Tiene 24 años. Integró, junto al maestro Paco Pita, amigo y anfitrión de lujo, la comisión organizadora de las Jornadas Irmáns Suárez Picallo y pronunció una notable conferencia: ‘Sindicalismo Republicano en Galiza’ (él escribe Galiza, como Castelao y como la mayoría de los galleguistas; esta forma gráfica está en las Siete Partidas de Alfonso X El Sabio).
Me recuerda el certero verso de Octavio Paz: “Todos los tiempos viven en la semilla”.
También la afirmación de Xulio L. Valcárcel: “Lo que cuenta es lo que amamos”.
Edmundo