PARA PECHAR OS ACTOS DO 30º ANIVERSARIO DO PROGRAMA ‘SEMPRE EN GALIZA’

A sede da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá convertiuse nun estudo de radio

| 3 de abril de 2017, 11:39
RAS (2)
Os compoñentes da Banda de Gaitas da Asociación de Rosalía de Castro tocaron en directo.

A sede da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá convertíase, o pasado sábado 1 de abril, nun estudo de radio para pechar os actos de celebración do trinta aniversario do programa de radio ‘Sempre en Galiza’, que esta entidade realiza, ininterrumpidamente, desde o 16 de abril de 1986 na emisora municipal Radio Cornella.

O equipo actual do programa está composto poo: Xulio Couxil, Armando Fernández, Laura Santo, Xosé Lamela, Antonio Díaz; e desde Galicia Xulio Simón Rúa e Paco Rivas, xunto coa directora de Radio Cornellá, Mireia Navarro. Trasladaron os aparellos da emisora á sede da entidade, na que se realizou o programa en directo. Dúas horas de radio en galego, dirixido polo director do programa, o profesor Xulio Couxil, e no que participaron os principais directores que durante os trinta anos de andadura se encargaron da realización do mesmo, entre eles o fundador Manuel Rodríguez Julian, Emilio Luís López, Xosé Lamela Xosefina González, así como o presidente actual da entidade, Oliver Fernández, e un variado número de socios da entidade que entre todos foron debullando a andadura dos trinta anos do programa e os trinta e sete da entidade galega na Cidade de Cornellá.

E como non, nesta ocasión a música coa que se acompaña o contido do programa fíxose en directo tamén. Os compoñentes da Banda de Gaitas da Asociación foron os protagonistas musicais coa actuación en directo de diversas pezas da música tradicional e popular galega.

O programa finalizou cunhas verbas do presidente de asociación, que agradeceu a tódalas persoas que ao longo dos trinta anos pasaron polo equipo do programa e fixeron posible que despois de tanto tempo o programa siga sendo actualidade, e tamén a Radio Cornellá por darlles a ferramenta para ilo, e pechou a emisión desta tarde de radio a Banda de Gaitas de Rosalía de Castro coa interpretación da Muiñeira de Lugo.

 

 

 

Más acciones:
MÁS NOTICIAS
  • Colección Crónicas de la Emigración

Boletín de noticias

Si quiere recibir información actualizada de Crónicas de la Emigración, envíenos su correo electrónico.
Suscribirse al boletín

Álbumes de Fotos

Hemeroteca