O SECRETARIO XERAL LEMBROU QUE REFLECTEN A UNIVERSALIDADE DOS GALEGOS

Rodríguez Miranda asegurou que estaba orgulloso dos centros galegos repartidos polo mundo

O venres día 22 de novembro, no Centro Galego de Lleida, tivo lugar unha conferencia baixo o título ‘A Galicia Universal, embaixadora dá calidade’, pronunciada por Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia.

Rodríguez Miranda asegurou que estaba orgulloso dos centros galegos repartidos polo mundo
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Un intre da representación do Teatro Andoriña.

O venres día 22 de novembro, no Centro Galego de Lleida, tivo lugar unha conferencia baixo o título, ‘A Galicia Universal, embaixadora dá calidade’, pronunciada por Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia. Iniciou a presentación do acto, Xosé Terceiro, presidente da Entidade, facendo un pequeno resumo do apoio que a Entidade ten por parte de tódalas institucións de Lleida, asemade, Cosme García, presidente da Federación de Casas e Centros Rexionais de Lleida, aproveitou a presenza de Miranda para lembrarlle que agardan recibir na cidade de Lleida unha imaxe do Apóstolo Santiago.

Rodríguez Miranda, despois de agradecer ás autoridades locais e a todas as persoas asistentes a súa presenza, iniciou a súa conferencia dicindo que “a política de máis altura é a que se fai nos concellos”. Comprometeuse a facer todo o que estea na súa man, para que Lleida reciba a dotación dunha imaxe de Apóstolo Santiago (Sant Jaume, en catalán) por parte da Xunta de Galicia. Tamén resaltou que cando visita unha entidade galega, aínda que esté moi cansado, o falar cos galegos, síntese con máis ánimo. Falar de Galicia na tradición e na actualidade é garantía de calidade, ademais detrás, hai un gran apoio con 30 denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas, Galicia e única, ademais das campañas turísticas e de ostentar o primeiro camiño recoñecido mundialmente (Camiño de Santiago), ten nos centros galegos espallados por tódolos continentes, un motivo de orgullo, porque son un reflexo da universalidade dos galegos, e son os embaixadores de Galicia, sentíndose orgulloso da galeguidade dos galegos no mundo. Ao final, o presidente do Centro Galego fíxolle entrega da insignia da Entidade ao conferenciante.

Ademais do numeroso público que asistiu ao acto, cabe resaltar a presenza de autoridades como os concelleiros do ‘Ajuntament’ de Lleida, Joset Barberá Morreres, Gemma Batalla Casanovas, M. José Horcajada Bellocht, Juan Vilella Jounou, Pau Pinto Torné, Antoni Postius Terrado, o presidente da Asociación de Entidades Galegas en Catalunya, Ernesto Lagarón, e o presidente ‘Dels Armats’ de Lleida, José Comñes Serret.

O sábado día 23 de novembro, o grupo de teatro Anduriña, da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà (Barcelona), representou con grande éxito a obra de teatro ‘Os vellos non deben  namorarse’, basada no libro de Castelao do mesmo nome, no sala municipal Julieta Agustí de Lleida, con un aforo de dunhas 200 persoas, totalmente cheo.

O acto celebrouse por invitación do Centro Galego desta cidade, presidido por Xosé Terceiro, quen ademais pola mañá agasallou aos 70 socios de ACG Rosalía de Castro facendo de guía para amosar os lugares máis emblemáticos da cidade de Lleida, un día de irmandade e amizade.

Presentou o acto o socio de ACG Rosalía e presidente de Xuntanza, Xosé Carlos González.

A música da obra interpretada en directo, correu a cargo do cantautor galego Alfredo González Vilela, quen compuxo para esta obra tres dos seus temas do guion. Hai que felicitar a ámbolos dous centros galegos por esta importante iniciativa de intercambio cultural ao que ademais do público, asistiron diversas personalidades municipais e do asociacionismo rexional da cidade, que entregaron unha placa conmemorativa á directora do grupo de teatro Anduriña, Amelia López, quen agradeceu a acollida e o entusiasmo mostrado en aplausos durante a representación.