Diego Calvo comprometeuse a colaborar co centro galego máis antigo de Europa

O presidente da Deputación da Coruña visitou o Centro Galego de Barcelona

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, visitou, o pasado día 19 de novembro, as instalacións do Centro Galego de Barcelona.

O presidente da Deputación da Coruña visitou o Centro Galego de Barcelona
Diego Calvo, durante a súa visita ao Centro Galego de Barcelona.

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, visitou, o pasado día 19 de novembro, as instalacións do Centro Galego de Barcelona. O acto contou coa presenza do presidente da Fegalcat (Federación de Entidades Culturais Galegas de Catalunya) e Cova da Serpe, Domingo Balboa; o tesoureiro da federación galega, Ramón Regueira; o presidente fundador de A Irmandade A Nosa Galiza de Mollet, José Manuel Caamiña; o presidente da Escola de Gaitas e Danzas ‘Toxos e Xestas’, José Ares; o presidente da A.C.G. Alborada da Llagosta, Xosé Lois Salgueiro; o presidente do Centro Galego de Barcelona, Manoel Carrete; un representante do Goberno catalán, Xavier Cortés; un representante do distrito de Barcelona, Alberto Vilagras; así como unha representación das diferentes directivas das entidades encabezadas polo catedrático Basilio Losada e o doctor Troncoso.

Unha vez vistas as instalacións do Centro Galego de Barcelona, situadas nun edificio emblemático que conta con vestixios do arquitecto modernista Gaudí, se fixo entrega por parte do presidente da Fegalcat da medalla de ouro de dita entidade ao presidente da institución coruñesa, polo traballo que leva a cabo dito organismo coa diáspora.

O catedrático de filoloxía galega e portuguesa da Universidade de Barcelona e medalla Castelao, Basilio Losada, lembrou a Diego Calvo o traballo que leva o Centro Galego de Barcelona como aglutinador do movemento cultural galego en Cataluña así como as carencias económicas que esta pasando dita entidade coma consecuencia da non concesión de ningún tipo de axuda a esa institución por parte do Goberno catalán e do Goberno provincial de Barcelona. Así mesmo, o presidente da Deputación comprometeuse colaborar có Centro Galego máis antigo de Europa e segundo do mundo.