Mirian Ferradáns e Farruco Graña, gañadores do Certame Literario Rosalía de Castro de Cornellá

O sábado 30 de novembro tivo lugar o acto de concesión dos premios do Certame Literario Rosalía de Castro 2013 no que foron galardoados cos primeiros premios: Mirian Ferradans en poesía polo seu poema ‘Aínda pintas nas gomas bonequiños…’ . Na modalidade de narrativa o gañador foi, Farruco Graña polo seu traballo ‘Badaladas de Anllóns’. 

Mirian Ferradáns e Farruco Graña, gañadores do Certame Literario Rosalía de Castro de Cornellá
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Un intre da entrega de premios.

O sábado 30 de novembro tivo lugar o acto de concesión dos premios do Certame Literario Rosalía de Castro 2013, organizado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá (Barcelona), que este ano acada a súa  27ª edición, na modalidade de poesía e a 10ª na de narrativa, e no que foron galardoados cos primeiros premios: Mirian Ferradans en poesía polo seu poema ‘Aínda pintas nas gomas bonequiños…’ . Na modalidade de narrativa o gañador foi, Farruco Graña polo seu traballo ‘Badaladas de Anllóns’.                  

Os premios entregáronse no transcurso dunha gala celebrada nas dependencias da entidade e presidida polo alcalde da cidade de Cornellá, Antonio Balmón, e o presidente da Asociación, Alfonso Rico García, á que asistiron Manuel Díaz López, da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta, e Xavier Cortés, responsable das Casas Rexionais da Generalitat de Catalunya, ademais de numerosos socios e amigos da entidade, así como diversas autoridades do mundo da cultura e a política de Cataluña, ademais de representantes do Pleno Municipal de Cornella e delegacións do resto de entidades galegas de Cataluña.

O acto foi precedido dunha conferencia na que o presidente da Fundación Rosalía de Castro fixo unha magnífica disertación sobre a obra máis senlleira de Rosalía de Castro, ‘Cantares Galegos’, co gallo da conmemoración dos 150 anos da súa primeira edición en 1863.

O xurado de esta 27ª edición estivo composto por: Presidente: Anxo Angueira Viturro, presidente da Fundación Rosalía de Castro; Vicepresidenta: María Xosé Silvar (SÉS), cantautora, licenciada en Filoloxía; Vicepresidente segundo: Domingo Tabuyo Romero, escritor e profesor; Vocais: Xulio Simón Rúa, profesor e escritor; e Xulio Couxil Vázquez, profesor e director de ‘Sempre en Galiza’; Notaria de honra: María Blanca Rodríguez, notaria de Cornellá; secretario: Xosé Carlos G. González, filólogo e escritor.

O xurado cualificou esta edición como “fantástica de participación, e un nivel moi importante e salientou a excelencia dos traballos presentados, e mesmo quere agradecer á organización o traballo desenvolvido a prol das linguas catalana e galega, o espallamento da cultura galega e catalana a través de dous nomes tan senlleiros como son Rosalía de Castro y Rosa Reboredo así como o traballo realizado pola entidade, os colaboradores e os poetas neste fermoso labor de 27 anos de certame”.

Na 27ª edición do Certame de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro, os gañadores foron os seguintes: Primeiro premio: Mirian Ferradáns, de Bueu, polo seu poema titulado ‘Aínda pintas nas gomas bonequiños…’. Dotación, 500 euros.

Segundo premio: Cristina Ferreiro, de Granada, polo poema ‘Gravado para subxuntivos’. Dotación, 300 euros.

Terceiro premio: Arancha Rodríguez Fernández, de Ourense, polo seu traballo ‘Esperto entre os teus esguellos’. Dotación, 200 euros.

O premio da décima edición do Certame de narrativa Rosa Reboredo, foi para o traballo en galego presentado por Farruco Graña, de Ribadeo-Lugo, polo seu traballo ‘Badaladas de Anllóns’. Dotación 500 euros.