AS OFRENDAS FLORAIS AO BUSTO DE ROSALÍA DE CASTRO VOLVERON A SER O ACTO PRINCIPAL DAS FESTAS
Milleiros de galegos asistiron aos catro días da popular Festa Galega de Cornellá
A popular Festa Galega de Cornellá (Barcelona), que organiza a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro, presidida por Alfonso Rico García, cada ano polo Corpus Festa Maior de Cornellá, volveu un ano máis a recoller éxitos sorprendentes nestes tempos de crise. Ademais, este ano que coincidiu coa festividade de San Xoán houbo catro días de celebración, unindo esta tradicional verbena en Cataluña coa celebración da Festa Maior de Cornellá.

O Parque de Can Mercader, un ano máis volveu a lucir o seu esplendor e cumpriu con tódalas expectativas, durante os días 23, 24, 25 e 26 de xuño, milleiros e milleiros de galegos asistiron aos diferentes actos, facendo que esta Festa Galega siga sendo unha cita ineludible dentro dos actos programados en Cornellá, co gallo das súas festas patronais, e tamén como acontecemento no que se dan cita unha grande maioría de galegos residentes en Barcelona.
Os actos festivos comezaron o xoves 23 pola tardiña coa homenaxe aos socios da entidade na celebración, no recinto da festa, dunha ‘Cea de Irmandade’ á que asistiron arredor de 200 persoas, socios de Rosalía de Castro, así como amigos doutras entidades, o tenente alcalde, Antonio Martinez, e a rexedora do Barrio da Gabarra onde ten a sede social a A.C.G. Rosalía de Castro, Aurora Mendo, entre outras autoridades e representantes doutros estamentos socioculturais de Cornellá, e na que se lles homenaxeaba coa ‘Insignia de Prata’ da entidade aos socios: Xulio Couxil, Manuel Carracedo, Antonio Gil e Alfredo Carracedo, na persoa da súa viuva Socorro Ramos, que este ano cumpriron 25 anos de antigüidade na Asociación.
Tralo acto, seguiu a tradicional verbena a cargo da orquestra ‘Nevada’, e unha multitudinaria queimada galega para celebrar como se merece a noite de San Xoán.
O venres pola tarde iniciouse o ronsel de actuacións dos grupos galegos e cataláns de música e danza que durante os seguintes tres días lle deron contido á festa, coas súas espectaculares actuacións, desenvolvéndose ao xeito das grandes festas galegas nas que non faltan, ademais das gaitas, os diferentes produtos da gastronomía galega, que este ano viñeron especialmente desde Galicia da man da empresa ‘Pulpalia’ de Lugo. Polbo, empanada, lacón, churrasco, pementos, etc., ademais dos ricos viños do país, xunto coas orquestras ‘Nevada’ e ‘Bora Bora’, que se encargaron de amenizar as multitudinarias verbenas que durante as tardes e noites da fin de semana encheron o recinto de Can Mercader.
Homenaxe a Rosalía de Castro
Unha festa que volveu a rende homenaxe á poetisa que lle dá nome a entidade, coa celebración da ‘Ofrenda Floral’, un acontecer de identidade galega que se levou a cabo o sábado pola mañá, nun emotivo acto no que o alcalde de Cornellá, Antonio Balmón, xunto co presidente da Asociación, Alfonso Rico, e o representante da Generalitat de Catalunya, Martí Barberá, do ‘Departamet de Governació’, presidiron o acto depositando o tapiz de flores representando as bandeiras de Galicia e Cataluña.
Asemade, socios e amigos, entidades e institucións públicas renderon unha sentida homenaxe de Cataluña e Galicia á musa das nosas letras, depositando o seu correspondente ramallo de flores a beira do monólito de Rosalía de Castro, ó son dos himnos catalán e galego, interpretados pola banda de gaitas da A.C.G. Rosalía de Castro, ante o numeroso público que cada ano acude á ofrenda, así como representantes dos diferentes estamentos políticos e socioculturais de Cataluña, os representantes da Corporación Municipal de Cornellá en pleno, e as diferentes entidades galegas de Cataluña.
A entidade organizadora aproveitou o evento para facer póblico o nomeamento do expresidente da Generalitat de Catalunya José Montilla Aguilera como ‘presidente de honor’ da A. C. G. Rosalía de Castro, en recoñecemento á labor levada a termo desde a súa traxectoria política a favor da colectividade galega en Cataluña, e moi especial a A.C.G. Rosalía de Castro. Tamén agasallou como socios de honra a Manolo Valdés, director do programa de radio Lonxe da Terra e xerente da Radio Tele Taxi, polo seu labor de divulgación das actividades da entidade, así como do resto da colectividade galega en Cataluña, e a Ferrán Bello Hernaiz, pola súa contribución ao desenvolvemento das actividades das entidades galegas de Cataluña desde o seu cargo de director do Instituto Catalán de Cultura Popular e Tradicional, unha labor da que hoxe tódalas asociacións e casas rexionais de Cataluña, tanto galegas como doutras comunidades, botan moito en falta. Tamén foi recoñecida a labor a prol da colectividade galega en Cataluña de Luís Lamas Álvarez, como presidente da Federación de Entidades Culturais Galegas en Cataluña.
Ademais de tódalas actuacións que estiveron á altura que a Festa merece, no eido gastronómico, numerosas familias se deron cita á sombra das centenarias árbores de Can Mercader, para degustar de xantares campestres e compartir unha fin de semana gozosa con amigos e familiares, unha xuntanza gastronómica e festiva na que se citan cada ano amigos e familiares da colectividade galega de Cataluña, que compartiron con socios e amigos da entidade organizadora unha gran festa galega en Cataluña.
Asemade os asistentes tamén puideron ollar exposicións de libros, pinturas, música, etc., a cargo da produtora ‘Serxiofolk’, así como abundante información sobre turismo de Galicia e o Camiño de Santiago.