O Instituto Vicente Cañada Blanch imparte materias do sistema de ensino español

O Instituto Vicente Cañada Blanch imparte materias do sistema de ensino español

O Instituto Español Vicente Cañana Blanch forma parte da rede de centros que posúe o Ministerio de Educación, Cultura y Deporte no exterior e está adscrito á Consejería de Educación no Reino Unido.
Nel impártense as ensinanzas non universitarias propias do sistema educativo español, adaptadas ás necesidades específicas do alumnado y ás peculiaridades do entorno socio-cultural, e distribuídas en distintas etapas: Educación Infantil (5 años), Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato.
De acordo co establecido pola lexislación española, o centro ten entre os seus obxectivos prioritarios aportar aos seus alumnos unha visión integradora da cultura española e a británica.
Por iso, o seu proxecto educativo aposta claramente pola consolidación dun currículo bilingüe, no que se concede especial atención á lingua e á cultura españolas na planificación das distintas materias e no que, ao mesmo tempo, recibe tamén un tratamento especial o ensino da lingua e cultura inglesas. Ademáis, todos os alumnos cursan francés desde o primeiro curso de Primaria.
A entidade tamén persegue  unha ensinanza de calidade e en liberdade, que sexa capaz, desde unha vocación de servizo á comunidad plurilingüe e multicultural na que se integra, de dar resposta ás necesidades formativas dos alumnos, contribuíndo ao desenvolvemento dunha educación integral que lles posibilite, tanto o acceso, con garantías de éxito, a estudos superiores en España e no Reino Unido, como a súa incorporación á vida social como cidadáns libres, críticos, responsables, participativos e solidarios en ambas sociedades.
 Este Proxecto Educativo parte da análise das características do entorno social e cultural do centro, recolle a forma de atención á diversidade do alumnado e a acción titorial, así como o plan de convivencia, respectando en todo momento o principio de non discriminación e de inclusión educativa como valores fundamentais, ademáis dos principios e obxectivos recollidos na LOE e na Ley Orgánica Reguladora do Dereito á Educación.  
Situado no 317 de Portobello Road, London W10, o equipo directivo do Instituto está composto pola directora, María Isabel Martínez López; a xefa de Estudos de Secundaria, Dulce María Quesada Abad; o xefe de Estudos de Primaria, Francisco Rubio López; e o secretario, Ildefonso Pregigueiro Sánchez.
Da sección dedicada as clases de galego ocúpase o profesor Xaime Varela, a prol da lingua propia.