NA CELEBRACIóN DA SúA FESTA ANUAL XUNTO CO DíA DAS LETRAS GALEGAS

A cidade de Rubí vestiuse de galega toda unha fin de semana da man da Irmandade Galega

A Irmandade Galega de Rubí, que preside Salvia Castañeda, celebrou o seu 35º aniversario cunha festa gastronómica dedicada ao ‘pulpo’, e que tivo lugar coincidindo coa tradicional Festa das Letras Galegas. O festexo, que tivo como escenario a Rambla do Ferrocarril, celebrouse os días 20, 21 e 22 de maio. 

A cidade de Rubí vestiuse de galega toda unha fin de semana da man da Irmandade Galega
Exp-couselo rubi (5)
Acto inaugural da exposición de pintura do pintor galego residente en Cataluña Luciano Couselo.

A Irmandade Galega de Rubí, que preside Salvia Castañeda, celebrou o seu 35º aniversario cunha festa gastronómica dedicada ao ‘pulpo’, e que tivo lugar coincidindo coa tradicional Festa das Letras Galegas.

O festexo, que tivo como escenario a Rambla do Ferrocarril, celebrouse os días 20, 21 e 22 de maio nos que os ‘rubinencs’, xunto cos visitantes de fóra da cidade, gozaron da gastronomía, da música e da danza típica de Galicia, así como tamén doutras comunidades autónomas.

Desde o venres e ata o domingo, a céntrica rúa, así como a cidade de Rubí, vestiuse de galega. A Irmandade Galega apoderouse das súas rúas e fixo as delicias dos asistentes ao longo de todo o fin de semana.

Un ano máis, a Festa das Letras Galegas encheu a cidade de tradicións música e cultura galegas. Entre os grupos musicais que ofreceron as súas actuacións atopamos a grupos galegos como Rosalía de Castro de Cornellá, Airiños da Nosa Galicia de Santa Coloma de Gramanet, e o da propia entidade organizadora, ademais da orquestra galega ‘Suavecito’ e o grupo ‘Mediterráneo’, que amenizaron as tardes-noites do fin de semana. Comidas, danzas, queimada popular galega e pasarrúas conseguiron que máis de dous milleiros de ‘rubinencs’ acudisen ao encontro.

A presidenta da Irmandade Galega, Silvia Castañeda, unha veterana na organización desta celebración, destacou: “Estamos moi contentos desde que facemos aquí, no corazón da cidade, esta festa, e a xente responde masivamente coa súa asistencia ás principais actuacións”.

A festa empezou o venres cun servizo de gastronomía que, como sempre, ofreceu polbo, orella de porco e pementos do Padrón xunto cos viños galegos. Pola noite houbo actuación do Grupo Mediterráneo.

O sábado foi o día máis denso de actividades. Durante a mañá celebrouse un pasacalle que se iniciou na sede da Irmandade Galega, pasou polo Concello, e finalizou na Rambla, onde se celebraron a maioría dos actos e pola tarde os asistentes gozaron grazas ás actuacións de música e danza galega, ademais da verbena a cargo da orquestras. O domingo, ademais das diversas actuacións musicais, houbo un xantar de irmandade a base de produtos galegos que degustaron uns trescentos comensais, servido pola empresa Pulpalia de Lugo.

Exposición de pintura

Por outra banda e como celebración do seu 35º aniversario, a Irmandade Galega, xunto coa Uagalcat, organizou durante a semana unha exposición de pintura do pintor galego residente en Cataluña Luciano Couselo, na que o artista, baixo o título ‘Unha etapa do Camiño’, amosou unha mostra de catros dedicados ao Camiño de Santiago.

A exposición inaugurouse o luns 23 no ‘Museo Valhonrat’ da cidade de Rubí cunha grande acollida de público. Pódese visitar durante toda a semana, e, xunto coa trintena de cadros de Couselo que forman parte da súa extensa obra que o artista lle ten dedicado ao Camiño de Santiago, tamén se pode ver unha mostra de instrumentos e traxes tradicionais de Galicia.

A cidade de Rubí vestiuse de galega toda unha fin de semana da man da Irmandade Galega