A Semana rematou o domingo 27 coa Asemblea Xeral de socios da entidade

O Centro Galego de Lleida celebrou, como cada ano, a Semana Cultural Galega, na que organizaron varios actos

O Centro Galego de Lleida ven de celebrar, como cada ano, a Semana Cultural Galega na que organizaron varios actos, que comezaba o día 21 de febreiro ata o domingo 27, coa Asemblea Xeral de socios. O luns 21 de febreiro, as compoñentes da Vogalía da Muller reuníronse no local social do Centro Galego, para preparar a exposición dos traballos manuais realizados durante o curso, como inicio da Semana Cultural.

O Centro Galego de Lleida celebrou, como cada ano, a Semana Cultural Galega, na que organizaron varios actos
Demostracción culinaria (04)
Algúns dos asistentes á demostración culinaria que tivo lugar o día 23 na entidade.

O Centro Galego de Lleida ven de celebrar, como cada ano, a Semana Cultural Galega na que organizaron varios actos, que comezaba o día 21 de febreiro ata o domingo 27, coa Asemblea Xeral de socios.

O luns 21 de febreiro, as compoñentes da Vogalía da Muller reuníronse no local social do Centro Galego, para preparar a exposición dos traballos manuais realizados durante o curso, como inicio da Semana Cultural da entidade, e celebralo cun xantar de irmandade no restaurante do Centro.

Pola tarde, a presidenta en funcións da entidade, Dolores Blanco Roo, e a profesora de patchwork, María Alba Gil Bardanca, foron as encargadas de presentar a inaugurada Semana Cultural do Centro Galego de Lleida (Casa de Galicia). Ao final do acto, foi ofrecido a todos os asistentes, un ágape regado con viño do Ribeiro.

Demostración culinaria no Centro Galego

O mércores día 23, no local social do Centro Galego de Lleida, levouse a cabo unha demostración culinaria de diferentes pratos salgados e doces que os socios e simpatizantes achegaron. Tamén os acompañaron o concelleiro do ‘Ajuntament’ de Lleida, Jaume Rutllant Casas, e a presidenta da Casa de Cantabria en Lleida, María Eugenia Fernández Puente. O acto finalizou coa degustación, por tódolos presentes, dos múltiples e exquisitos pratos.

Conferencia sobre la influencia de la radio en la cohesión social

O xoves 24, no local social da entidade, Cosme García Mir deu una conferencia baixo o título ‘Influencia de la radio en la cohesión social’. O conferenciante fixo unha disertación moi detallada da evolución da influencia da radio na cohesión social. Acompañáronnos os rexedores do ‘Ajuntament’ de Lleida Francesc Josep Cerdá Esteve, Elena Ferre Toldrá e José María Lorenzo Córdoba Alos; o subdelegado de Defensa en Lleida, Coronal DEM Fernando Rodríguez de Rávena; o director da escola de participación cidadá de Lleida FVLL, Francesc Caballero García; a presidenta da Asociación de Veciños Templarios-Escorxador, Marisa Arias; e Javier García-Conde, presidente da Sociedade Civil Catalá. Unha vez rematado o acto, todos os asistentes degustaron un refrixerio regado con viño do ribeiro. 

Presentación número 35 de revista ‘Xurdimento’

O venres 25, e cun cheo total do local social da entidade, procedeuse á presentación do número 35 da revista ‘Xurdimento’, por Xesús Palmou Lorenzo, presidente da Academia ‘Xacobea’ e exconselleiro da Xunta. A presidenta interina do Centro e o secretario deron a benvida a todos os presentes, socios, amigos e simpatizantes, e moi especialmente ás distintas autoridades locais que os acompañaban, entre elas ós rexedores do concello de Lleida Francesc Josep Cerdá Esteve, Xavier Palau Altarriba, Begoña Iglesias Delgado; o presidente da Federación de Casas Rexionais de Lleida, Cosme García i Mir; o subdelegado do Governo en Lleida, Josep Crespín Gómez; o presidente da Sociedade Civil Catalana, Javier García-Conde; o presidente dos pesebristas de Lleida, Jordi Curcó i Pueyo; e o delegado pesebrista do Peu del Romeu, Emili Tordera, ademais dos presidentes das casas rexionáis que pertencen á Federación de Lleida. O conferenciante iniciou a súa intervención na lingua de Rosalía de Castro (Galego), facendo unha referencia á traxectoria da edición da revista e, xa en castelán, deu unha brillante disertación sobre os Camiños de Santiago e a influencia que tiveron no desenvolvemento da sociedade. Ao finalizar, a presidenta interina do Centro, Dolores Blanco Roo, fíxolle entrega o conferenciante dunha maqueta da Seu Vella de Lleida. Despois, tódolos presentes foron obsequiados cun viño galego e un ágape. Foi todo un grande éxito.

Misa, asemblea e xantar no Centro Galego

O domingo 27 remataron os actos desta Semana Cultural, coa celebración, ás 12:00 horas, da santa misa na Igrexa Parroquial de Sant Jaume, acompañándoos o rexidor do concello de Lleida, José Francesc Cerdà Esteve; o presidente da Federación de Casas e Centros Rexionais de Lleida, Cosme García i Mir; a presidenta da Casa de Cantabria, María Eugenia Fernández Puente; e o presidente da Casa de Extremadura, Ramón González Fabra; e ás 13:30 horas, no local social da entidade, tivo lugar a Asemblea Xeral Ordinaria dos socios na que, seguindo a orde do día, procedeuse a ler a acta da asemblea anterior, que foi aprobada por unanimidade; acto seguido o secretario leu o estado das contas da entidade mailos orzamentos para o ano 2022, que foron aprobados por unanimidade. O secretario leu tamén un resumo das actividades levadas a cabo no ano 2021 e un anticipo das que se ten previsto desenrolar no ano 2022 que tamén foron aprobadas por unanimidade.

Despois tódolos asistentes degustaron un bo viño procedente de Galicia e máis un apetitoso aperitivo. Acto seguido, tódolos asistentes remataron a xornada cun bo xantar de irmandade con queimada incluída. Tamén os acompañou o presidente da Federación de Casas e Centros Rexionais de Lleida, Cosme García i Mir. Todo rematou cun grande éxito de participación dos socios e amigos da entidade.