Carlos Prieto Gómez, delegado do Goberno de Cataluña, e o Centro Galego de Castelló, galardoados nos Premios do Foro Bo Burgo
O pasado venres día 16 de maio tivo lugar na igrexa parroquial do Burgo, no concello de Castro Caldelas, a entrega dos Premios do Foro Bo Burgo. Ao acto acudiron os delegados do Goberno en Cataluña e Galicia, o subdelegado de Goberno de Ourense; os alcaldes de Sober, San Xoán de Rio, Triacastela, Taboadela..., o director da UNED en Ourense, a fadista María do Ceo e o escultor Acisclo Manzano, entre outros.

O acto estivo dividido en dúas partes consistentes na lectura e entrega dos premios e outra parte musical co grupo dos Trabazos e a intervención musical de Maria do Ceo.
O foro do Bo Burgo de Caldelas é o documento máis antigo escrito en galego que se coñece. O documento data de 1228, pero non se sabe si é orixinal o é unha tradución ao galego do orixinal. É un texto legal do rei Alfonso VIII de León que outorga aos cidadáns do Burgo o seus dereitos e obrigas. Este ano celébranse os 797 anos do Foro do Bo Burgo.
Os premios foron realizados pola artista andaluz Franchu Medialdea Guerrero, licenciado en Belas Artes pola Universidade de Granada e mestre de pintura. Os obras son orixinais e únicas dentro da serie ‘Galicia e as súas parroquias’.
E os premiados foron: Carlos Prieto, Fundación Novoneyra, Marica Campo, Xosé Lois Foxo, Olga Iglesias Fontal, Centro Galego de Castelló-Aturuxo, Lucía Rodríguez, Colexio Inmaculada-La Salle de Santiago e Asociación de antigos alumnos.
Os premiados no eido da Emigración foron Carlos Prieto Gómez, delegado do Goberno de Cataluña, e o Centro Galego de Castelló.
Carlos Prieto é nado en Cataluña, os seus orixes se remontan a Xunqueira de Ambía por parte materna e de Xares por parte paterna. Licenciado en Pedagoxía pola Universitat de Barcelona con diversos estudos de extensión universitaria e postgrado no Institut de Formació Continua de la Universidad Pompeu Fabra e ESADE. Funcionario do grupo A1 da Deputación de Barcelona. Subdelegado do Goberno na provincia de Barcelona pola resolución do 26 de xuño, tomando posesión o 1 de xullo do 2019, a ata o 28 de marzo do 2023.
Participou en diversos órganos colexiados en representación do Goberno coma o Consello de Administración da Autoridade do Transporte Metropolitano de Mercabarna, do Consello Reitor do 112, do Padroado da Fundación da Montaña de Montserrat e do Consello de Seguridade de Cataluña.
Foi membro do Conselllo de Administración de Foment de Ciutat SA, sociedade municipal adscrita á Xerencia Municipal do Concello de Barcelona.
É patrón da Fundació Rafael Campalans e da Fundació Joves, Educació i Societat.
Colaborador cos centros galegos en Cataluña como por exemplo o Centro Galego de Tarragona que preside o fillo dun veciño da parroquia de Pedrouzos, ou co camiño de Santiago que inaugurou no barrio de Horta sendo subdelegado de Barcelona estando presente o concello de Castro Caldelas representado pola súa alcaldesa.
O premio na defensa da lingua na diáspora recibiuno Xosé Filgueira, coma presidente do Centro Galego de Castelló-O Aturuxo, fundado en 1993. Si se caracteriza por algo o Centro Galego de Castelló é polo seu dinamismo e polo uso do galego en todos os eidos incluso nun que normalmente se esquece que o litúrxico. Con motivo da publicación por parte desta entidade do libro ‘Liturxia Galega e misa en galego a dúas voces’ o xurado cree que é ben merecedor deste recoñecemento.
Outro dos premiados con moita relación coa diáspora e o músico Xosé Lois Foxo.