A Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá de Llobregat fixo unha excursión a Andorra

A Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá de Llobregat (Barcelona), que preside Oliver Fernández Expósito, organizou, o fin de semana do 21 e 22 de maio, unha excursión para pasar un fin de semana de aventura e visitas turísticas e culturais en Andorra. Así, un grupo de cerca dun cento de persoas, socios da entidade gozaron dun descanso ben merecido de dous días no micro estado meirande de Europa, con 468 kilómetros cadrados, como é Andorra. Ademais, compartirona tamén cunha visita á Catalunya do Norte ou se queren ’La Cerdanya Francesa’.

A Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá de Llobregat fixo unha excursión a Andorra
excursion andorra22 (4)
Un momento de la excursión a Andorra.

O primeiro día dedicáronse a visitar, despois dunha parada polo camiño para repoñer forzas,  ‘Andorra la Vella’, as súas paisaxes e principalmente as súas tendas comerciais, que configuran o principal sustento dos 79.535 habitantes do país, xunto co turismo que hospedan os 540 hoteis que hai. Aínda que moitos comerciantes din que Andorra xa non é o que era, fai anos, as súas rúas, principalmente dúas paralelas ao Río Valira que divide á cidade polo medio, e franqueadas por una enorme montaña de cada lado, son unha mestura de xentes que van e veñen en busca dunha oportunidade de facer compras, que hoxe xa non é tan barato como hai décadas, incluso a maioría de produtos son máis caros que en Catalunya.

Pero a marxe de quen queira facer negocios, si que é un lugar fermoso para un bo descanso e no que pódese gozar dunha vista espectacular da súa paisaxe, e tamén dunha mestura de cultura na súa poboación e sobre todo nos visitantes.

O segundo día tiveron que madrugar para facer un espectacular percorrido panorámico pola ‘La Cerdanya Francesa’ no popular Tren Amarelo, ‘Train Jaunet’. Un percorrido de cerca de dúas horas nas que atravesas a maior parte da paisaxe e poboacións da Cerdanya Francesa, coas súas espectaculares praderias e as paisaxes onde se poden ver numerosos rabaños de bacas e caballerias pacendo, outra das súas peculiaridades, entre outras, é a de que neste territorio atopase o Forno Solar máis grande de Europa, que é un centro de investigación sobre enerxías solares, situado en ‘Odeillo’ no departamento dos Pirineos Orientais, remataron na localidade de ‘Mont-Luis’, onde os recolleu o autocar para levalos á localidade de ‘Villafreche de Coflent’ e ir a visitar as ‘Coves Canaletes’, unha espectacular obra da natureza, que merece moito a súa visita. ‘Villafreche de Coflent’ é unha aldea rodeada por una fortaleza medieval que cando te adentras nela dáche a sensación de trasladarte ao medievo. Alí visitaron tódolos recantos da aldea e despois de xantar nun restaurante da mesma, colleron o autocar para regresar a Cornellá de Llobregat.