Coa celebración dunha mesa redonda baixo o título ‘La Donna i la ràdio’

A Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá acolleu unha homenaxe ás mulleres

O sábado 12 de marzo tivo lugar o acto de homenaxe á muller traballadora na Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá (Barcelona) coa celebración dunha mesa redonda na que, baixo o título ‘La Donna i la ràdio’, Belén Xestal, Mireia Navarro, Laura Santos e Xulio Couxil puxeron en valor o papel que a muller tivo na radio desde comezos do proceso democrático actual no Estado español.

A Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá acolleu unha homenaxe ás mulleres
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Una de las actuaciones que se llevó a cabo.

O sábado 12 de marzo tivo lugar o acto de homenaxe á muller traballadora na Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá (Barcelona) coa celebración dunha mesa redonda na que, baixo o título ‘La Donna i la ràdio’, a artista, locutora e presentadora da Radio e Televisión Galega Belén Xestal, xunto a Mireia Navarro (directora de Radio Cornellá), Laura Santos (xornalista) e Xulio Couxil (director do programa de radio en galego ‘Sempre en Galiza’), puxeron en valor o papel que a muller tivo na radio desde comezos do proceso democrático actual no Estado español.

A presentadora da TVG Belén Xestal foi a protagonista dunha charla debate na que, xunto co resto de participantes, debullou a participación das mulleres no mundo da radio, desde o comezo da democracia ata os día de hoxe, significando que, aínda que foron moitas as mulleres que tiveron grande protagonismo diante do micrófono e nas redaccións, nembargantes son poucas as que tiveron responsabilidades en postos de dirección nos diferentes medios de comunicación, así como en debates como tertulianos en espazos relevantes, tanto de radio como de televisión, que aínda hoxe a grande maioría están ocupados por homes, a pesares de que nos últimos año na facultades de xornalismo máis dun setenta por cento de estudantes son mulleres, é por iso que é preciso seguir reivindicando a igualdade neste eido laboral.

Asistiron ao acto as autoridades do Concello de Cornellà, Aurora Mendo, regidora del Districte IV (La Gavarra); a responsable do Consell Municipal de la Dona, así como representantes doutras entidades da cidade de Cornellá, e numerosos socios e amigos da entidade que encheron a sala de actos da mesma.

Por outra banda, este foi o primeiro acto presidido polo novo presidente da entidade elixido nas eleccións que se celebraron o anterior fin de semana, Oliver Fernández Expósito, un mozo da segunda xeración de galegos en Cataluña e que leva desde cativo no grupo de Gaitas da entidade, primeiro de alumno e desde xa hai anos como profesor.

A directiva que rexirá a entidade nos próximos dous anos é a seguinte: Oliver Fernández Expósito, presidente; Alfonso Rico García, vicepresidente; Dani Neira Feixa, secretario; Félix Lozano Molina, tesoureiro; e como vocais: Lola Cacabelos Rial, Isabel Álvarez Pardo, Luís Fernández Gomez, Xosé López Castelao e Manoli González Domínguez.

E para rematar o acto, as mulleres da Asociación convidaron aos asistentes a unha degustación de produtos típicos da cociña e repostería galegas, elaborados por elas mesmas.