Opinión

Dona Calandria Fernández e don Voitre Singer

Manuel Suárez Suárez | 08 de septiembre de 2014

Din os que saben que o ateniense Pericles –recoñecido experto en sistemas democráticos de goberno– está moi sorprendido polo feito inaudito de que unha mínima minoría poida impoñerlle a una ampla maioría a súa decisión. Houbo una reunión urxente na Ágora Celestial para tratar o tema dunha perigosa especie de paxaros que non son capaces de entoar unha melodía pero queren pecharlle o peteiro as alegres aves cantoras que nos espertan cada mañá.
Agora coas novas tecnoloxías da comunicación non hai conversa que no poida ser escoitada e así foi que Pericles conectou un altavoz para que os seus compañeiros da Asemblea Democrática Celestial soupesen do ben coordinado ataque do xefe dos voitres á xefa das calandrias. O agresor chamou a Casa Rosada para deixar constancia de que non é posible ningún tipo de arranxo entre voitres e calandrias. Aquí temos a histórica grabación completa –en exclusiva– do diálogo entre dona Calandria Fernández e don Voitre Singer.
Singer: Chámoa para comunicarlle que non pense vostede que hai algo persoal no meu reclamo da débeda que Arxentina ten comigo. Polo contrario, pódolle asegurar que admiro a beleza do territorio patagónico e en especial a brancura glacial do Perito Moreno. Hai anos que espero e quero cobrar sen perder diñeiro. O adiamento non é motivo de desconto, coido é xusto ao revés xa que corresponde unha compensación por cada ano de retraso.
Fernández: Nunca se me pasou pola cabeza o pensar que ten vostede algo contra Arxentina. Son neta dun galego que cruzou o mar para deixar pegada nunha nova terra. As voltas da vida fixeron que sexa eu a responsable de defender a herdanza sentimental do avó Pascasio. Así é que agora véxome enfrontada a una mentalidade mercantil que se afasta da miña cultura de esforzo honrado no traballo cotiá. Estou en clara desvantaxe co vostede porque fun educada en que un favor nun se paga. Enténdeme?
Singer: Creo que me quere levar ao terreo dos sentimentos. Neste campo non teño experiencia. Son herdeiro de prestamistas e continuador da vella saga de xudíos que se enriqueceron para poder honrar ao deus de Israel na intimidade do fogar. Educáronme para gañar diñeiro. Fixéronme forte os meus ancestros que morreron sen ver ao pobo de Moisés no seu templo de Xesuralén. Presto diñeiro a cambio dun interese que varía segundo sexa o risco que teña na operación. Ten algo de malo?
Fernández: Que sexa vostede un gran prestamista non lle impide ter corazón. O problema é que non nos entendemos ao estar vostede violando as normas básicas de calquera operación financeira. É certo que mercou débeda pública e é certo que ten dereito a recuperar o seu investimento. Pero ten que aceptar que non todas as operacións saen ben. Fixémoslle o ofrecemento de pagarlle cun desconto e vostede negouse e estaba no seu dereito. O que non vexo normal é que agora pretenda cobrar máis diñeiro por medio dun fallo xudicial que semella ser máis unha chantaxe que un acto de xustiza. Pídolle que non se cegue.
Singer: Se controlo importantes fondos financeiros é porque me dedico a investir sen facer diferencias entre países. O meu diñeiro non ten ideoloxía. Son capaz de facer negocios con inimigos de Israel ao ter da miña parte ao bo deus de Sión que me guía polo camino recto. Son moi relixioso aínda que vostede non o crea ao verme así sen a kipá ou yarmulke que me poño cando estou na casa coa familia. Son un acreedor que non quere perder diñeiro despois de dez anos agardando. É lóxico que queira o que me pertence porque no meu oficio de prestamista non se perdoa nunca una débeda, sexa grande ou pequena.
Fernández: Vai ter vostede que desculparme pero non coincido no da falta de ideoloxía. Coido que está negativamente ideoloxizado ao non ser quen de discernir que na vida non todo é beneficio. Por moito diñeiro que teña sempre terá pouco en comparanza doutros empresarios ou financeiros que viven os seus días con máis tango no seu corpo. O seu pobo posúe fermosos cánticos como o zemer dos sábados pero non abren o corpo á irmandade. Son cancións que unen aos membros dunha comunidade. O noso tango é solidario. Os seus proxenitores vieron de fóra. Vostede canta para dentro e nós para fóra. Aí está a razón de que non entenda que a República Arxentina é un país nobre con xente que cumpre os seus compromisos.
Singer: Moito me sorprende, vostede. Os meus informes non son correctos e vou ter que corrixir aos meus asesores. Definírona como una muller de cabeza oca que chegou a presidencia grazas aos parvos peronistas que lles encanta votar as viúvas. Ten cultura e coñecementos sobre a miña etnia. Eu ignoro todo sobre a forza emotiva do tango. Sempre pensei que o tango era unha música de marxinados. Vou pedir un informe a algún filósofo serio para que me indique as liñas de investimento en lugares nos que a música popular sexa fonte de reflexión. Agradézolle que me haxa vostede aberto os ollos ao mundo do tango porque quizais así arranxemos o meu reclamo de débeda mediante un novo instrumento financiero que vaia acompasado ao ritmo de Carlos Gardel ou de algún xudío arxentino que escribise tangos.
Fernández: Non pense que é fácil para min dialogar con vostede. Téñoo que facer. Estou diante dunha inxustiza que pode frear o crecemento do meu país por mor dunha débeda que quixemos pagar e que vostede non quiso cobrar. Propóñolle que sexa vostede o meu convidado en Bos Aires. Por favor, faga o esforzo de achegarse comigo unha mañá de domingo ata a praza Dorrego. Abondarálle con ver as parellas porteñas bailando para axiña comprender que a danza representa o triunfo dunha nova identidade baseada no amor ao novo niño no Prata. Cando volva a súa oficina despois de pisar as beirarúas de Avellaneda, da Boca ou de San Telmo sentirá que lle falan as voces ancestrais dos xudíos do ‘Once’ que o aconsellan: No seas boludo, Paul, pensá un poquito. A vos te gusta cantar. Aprovechá entonces para negociar el pago aplazado de los bonos a cambio de unas clases intensivas con la gayega Stella Díaz. Enseguida aprenderás –si dejás de pensar en los dólares– y te sentirás dueño de la riqueza única de un tema bien interpretado. Con Argentina estás desafinando. Tenés que reconocer que la erraste y seguir empeñado en tu error te hará perder la satisfacción de ser Gardel una hora de tu vida.

Más acciones:

Crónicas de la Emigración en la red

Boletín de noticias

Si quiere recibir información actualizada de Crónicas de la Emigración, envíenos su correo electrónico.
Suscribirse al boletín

Hemeroteca