Opinión

O futuro do Centro Galego de Bos Aires

| 20 de enero de 2011
Dona Diáspora sabe que malia todos os contratempos o heroico Centro Galego de Bos Aires sairá adiante. Non esquece que temos unha gran débeda cos nosos irmáns na Arxentina. Unha débeda que non se arranxa coas subvencións autonómicas ou estatais. Aínda que agora axudemos cun millón de euros anuais non facemos nada que se poida considerar como extraordinario. O que se debe de agradecer é o esforzo indivivual e colectivo que supuxeron durante os primeiros 50 anos do século pasado aqueles cartiños que viñeron do outro lado do mar. Foi o sentimento de identidade dos emigrantes o que encheu barcos de bauis con roupa e as parroquias de edificios escolares. Os que ían lonxe levaban a súa aldea no corazón.
Se alguén quere facer números pódense facer para calarlle a boquiña a moito paspán solto que fala sen coñecemento de causa. Se consideramos que hai dirixentes políticos que non valoran os sentimentos haberá que escribirlles ben clariña a cifra de 500 millóns de euros de débeda que é hoxe unha aproximación ao valor dos millóns de pesetas que ingresaron en Galicia nos tempos en que media ducia de pesetas eran cartos. Se desde a Xunta de Galicia se fai unha achega ao Centro Galego de medio millón de euros anuais podemos en cinco anos saír dos números vermellos.
Entón que está a pasar? Poida que alguén se lle pase por alto que os cartos deben ir ao Centro Galego. Ata onte mesmo había unha entidade intermediaria a Fundación Galicia Saúde que foi totalmente ineficaz e onde moitos cartos se perderon. Non vale apena entrar xa en trsites intentos de negocio fraudulento baixo a tapadeira da privatización. O que pasou debe servir de ensinanza para avanzar. O noso fogar da rúa Belgrano ten unha directiva que se responsabilizará da xestión e que será a que presente as contas. Cada ano desde Galicia se lle dirá así vai ben ou así vai mal.
O novo presidente é persoa de fiar. Os que coñecemos a Carlos Vello Pombo afirmamos que ademais de bo coñecedor do terreo é tamén un persoa de recoñecido prestixio pola súa honradez. Don Carlos ten as súas raíces divididas entre os concellos de Covelo [Pontevedra] e Ordes [A Coruña]. Falando con él axiña sentimos que o fillo da emigración é un digno herdeiro do noso sangue. Fala con sensatez e di que o traballo que ten por diante vai na liña ética de non estragar o que construíron os seus devanceiros na capital arxentina. Unha persoa boa e xenerosa foi a que escolleron os asociados para dirixir a recuperación do egrexio e histórico Centro Galega do Bos Aires.
Más acciones:

Crónicas de la Emigración en la red

Álbumes de Fotos

Boletín de noticias

Si quiere recibir información actualizada de Crónicas de la Emigración, envíenos su correo electrónico.
Suscribirse al boletín

Hemeroteca