Se realizaron e proxectaron un feixe de actividades a través das redes sociais

Miguel Santalices inaugurou a festa virtual do 37º aniversario de Airiños da Nosa Galicia de Santa Coloma

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, deu comezo, o pasado venres día 1 de maio, á celebración do 37º aniversario de Airiños da Nosa Galicia de Santa Coloma de Gramenet, xunto á alcaldesa, Nuria Parlón, e o presidente do Centro, Xosé Canosa. Dadas ás circunstancias que se están vivindo pola pandemia do Covid-19, se realizaron e proxectaron un feixe de actividades a través das redes sociais.

Miguel Santalices inaugurou a festa virtual do 37º aniversario de Airiños da Nosa Galicia de Santa Coloma
Santalices-Santa Coloma
Miguel Santalices, durante a súa participación na inauguración dos actos de aniversario.

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, deu comezo, o pasado venres día 1 de maio, á celebración do 37º aniversario de Airiños da Nosa Galicia de Santa Coloma de Gramenet, xunto á alcaldesa, Nuria Parlón, e o presidente do Centro, Xosé Canosa.

Dadas ás circunstancias que se están vivindo pola pandemia do Covid-19, a entidade tivo que anular todos os actos planificados que obviamente non se puideron celebrar de forma física, pero si se realizaron e proxectaron un feixe de actividades a través das redes sociais.

A pesar das adversidades, os membros das distintas seccións da entidade fixeron o posible para celebrar este 37º aniversario da única maneira que se podía facer “dende a casa”. Actividades de representacións teatrais, danza, música, así como saúdos e felicitacións de centos de persoas do mundo da cultura inundaron as redes do Centro Airiños da Nosa Galicia para ofrecer unha festa virtual a todos. 

Entre ás actividades musicais, destacar DJ. Pementos de Padrón, actuacións dos grupos de música e danza do Centro e grupo de teatro Ramboia. Ás actividades remataron coa tradicional queimada, a cargo de Pepe Teixeiro, e a lectura do conxuro por Laura Santos, que ofreceron un brindis virtual a todos.

No seguimento de todos os medios de comunicación, se constatou a vitalidade e as ganas de traballar en pro da Cultura dos compoñentes de Airiños da Nosa Galicia. O presidente, Xosé Canosa, comentou que esta entrega vai no ADN de todos e todas os membros de Airiños. Quere tamén darlle as grazas a todos polo fermoso traballo que fixeron estes tres días dende a casa e coas limitacións que iso supón. Xosé Canosa agradece tamén toda a colaboración de todas as persoas de diferentes ámbitos que arrouparon as actividades coas súas mensaxes nas redes sociais.