NA PRAZA DE PADRÓN, EN BARCELONA

A irmandade ‘A Nosa Galiza’ de Mollet homenaxea a figura de Rosalía de Castro cunha ofrenda

A irmandade ‘A Nosa Galiza’ de Mollet (Barcelona), que preside Isabel Ares, celebrou unha ofrenda ao busto de Rosalía de Castro que está na praza de Padrón da cidade desde o ano 2005, en que a entidade galega conxuntamente co concello da vila inauguraron a debandita praza (no barrio de Can Pantillet), lugar onde colocaron un busto de Rosalía que se chama ‘Mirando a Galicia’.
A irmandade ‘A Nosa Galiza’ de Mollet homenaxea a figura de Rosalía de Castro cunha ofrenda
 O busto en homenaxe a Rosalía.
O busto en homenaxe a Rosalía.
A irmandade ‘A Nosa Galiza’ de Mollet (Barcelona), que preside Isabel Ares, celebrou unha ofrenda ao busto de Rosalía de Castro que está na praza de Padrón da cidade desde o ano 2005, en que a entidade galega conxuntamente co concello da vila inauguraron a debandita praza (no barrio de Can Pantillet), lugar onde colocaron un busto de Rosalía que se chama ‘Mirando a Galicia’.
Os actos deron inicio polo serán coa actuación do grupo da entidade e de ‘Toxos e Xestas’, que acompañaron musicalmente a ofrenda feita polos directivos da entidade e polas autoridades do concello. Ademais, leronse poemas da poetisa padronesa máis universal por varios socios, sendo a presentadora do acto a poetisa mexicana, de orixen galega, Pura Salceda.
Ó remate do acto, celebrado na praza de Padrón, a xente e os grupos trasladáronse ao teatro de Can Gomà, na rúa Castelao nº2, onde tivo lugar a actuación da coral e banda da entidade organizadora, ademáis doutras actuacións nas que pódese destacar a realizada conxuntamente polo grupo de baile ‘Toxos e Xestas’ e o de Mollet.
O evento estivo bastante concurrido pola comunidade galega, podendo destacar directivos de varias entidades galegas, así como entidades representativas doutras comunidades na vila de Mollet. Con este acto, a irmandade galega pecha o ano comemorativo do seu triséximo aniversario.


Orixe da irmandade
Foi nos primeiros meses do ano 1978 cando un pequeno grupo de galegos residentes na vila de Mollet e na comarca do Vallès sentiron a necesidade de crear unha asociación que puidese dar saída ás moitas inquietudes e necesidades no ámbito sociocultural que os galegos emigrados a Cataluña tiñan naqueles anos.
Entre os meses de xuño e agosto dese mesmo ano queda formalizada a que desde entón é a irmandade galega de Mollet do Vallès de Barcelona, unha entidade con clara vocación de servizo a nosa terra, a nosa cultura e a nosa xente que, desde aquelas xuntas no bar Marfá de Mollet, onde naceu a primeira comisión xestora, non deixou de crecer ano tras ano, comprometidos con Galicia e coa vila de Mollet.
Desde entón foron moitísimas e diversas as actividades que organizaron, e a pegada galega converteuse ano tras ano nun símbolo máis dentro das actividades socioculturais da vila de Mollet.