O ACTO CONTOU CO SECRETARIO XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA, VALENTÍN GARCÍA

A Federación de Entidades Culturais Galegas en Cataluña presentou a publicación ‘Fegalcat 30 anos’, de Manoel Carrete

| 23 de diciembre de 2020, 15:25
PRESENTACIÓN LIBRO FEGALCAT
Valentín García e Manoel Carrete –no centro–, xunto a outros asistentes á presentación do libro.

A sede do Seminario de Estudos Galegos en Santiago acolleu, o pasado 17 de decembro, a presentación da publicación ‘Fegalcat 30 anos’, da autoría de Manoel Carrete, asesor da Deputación de Ourense, por parte da Federación de Entidades Culturais Galegas en Cataluña (Fegalcat).

O acto contou coa participación de Manuel Carrete, do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García; a secretaria da Fegalcat e presidenta de Irmandade A Nosa Galiza de Mollet, Marisol Pérez; do crítico literario Armando Requeixo; e do vicepresidente da A.C.G. Alborada da Llagosta, José Ramón Regueira.

A publicación divídese en unha breve historia da emigración en Cataluña, unha reseña de cada unha das entidades que compoñen a Fegalcat con fotografías aportadas por esas entidades e as fotografías dos actos que leva a cabo dita entidade ao longo da súa historia como: premios Alecrín, Letras Galegas, Xuntanza de Coros...

Esta publicación distribúese gratuitamente nas entidades que compoñen a Fegalcat e colabora a Xunta de Galicia, Ajuntament de Barcelona, Obra Social de La Caixa, Generalitat de Cataluña, Diputación de Barcelona; así como as entidades que compoñen dita organización e os concellos aos que pertencen.

Más acciones:
MÁS NOTICIAS
  • Colección Crónicas de la Emigración

Boletín de noticias

Si quiere recibir información actualizada de Crónicas de la Emigración, envíenos su correo electrónico.
Suscribirse al boletín

Álbumes de Fotos

Hemeroteca