AUTORIDADES DEL MUNICIPIO ACOMPAÑARON A LA COLECTIVIDAD EN SU SEMANA GRANDE

El Centro Galego de Lleida celebró su ‘Semana Cultural’ con actos culturales, lúdicos y degustaciones gastronómicas

| 18 Marzo 2019 - 11:16 h.
Un intre de demostración culinaria con pratos salgados e doces.
Un intre de demostración culinaria con pratos salgados e doces.

As compoñentes da Vogalía da Muller do Centro Galego de Lleida reuníronse o pasado 25 de febreiro, no local social da entidade, para preparar a exposición dos traballos manuais realizados durante o curso, que se celebra cun xantar de irmandade no seu restaurante. A actividade, que marca o inicio da Semana Cultural do Centro, foi inaugurada ese mesmo día polo presidente, José Terceiro Folgar; a presidenta da Vogalía da Muller, Marta Roigé Mostany; e a profesora de patchwork, María Alba Gil Bardanca, e contou coa presenza dos concelleiros do ‘Ajuntament’ de Lleida Francesc Josep Cerdà Esteve e Dolors López Aguilar. Ao final do acto, ofrecéuselles a todos os asistentes un ágape regado con viño do Ribeiro.

O martes 26 pola tarde, no local social da entidade, os nenos, fillos e netos, dos socios do Centro, fixeron uns divertidos debuxos o mesmo tempo que se celebraban interesantes e disputadas partidas de cartas. Unha vez rematados os actos, todos foron obsequiados cun saboroso e rico chocolate acompañado dunha exquisita coca doce.

O mércores 27 tivo lugar unha demostración culinaria de diferentes pratos salgados e doces que os socios e simpatizantes achegaron. O acto finalizou coa degustación, por tódolos presentes, dos múltiples e exquisitos pratos aportados.

O xoves 28 de febreiro, no local social da entidade, Santiago Rodríguez Blancas pronunciou unha conferencia baixo o título ‘Centros de Cooperación Policial e Aduanera’. O conferenciante fixo unha disertación moi detallada da cooperación policial e aduanera dentro de Europa e, unha vez rematado o acto, todos os asistentes degustaron un refrixerio regado con viño do Ribeiro.

O venres 1 de marzo, e cun cheo total no local social da entidade, procedeuse á presentación do número 32 da revista ‘Xurdimento’ 2019, a cargo de Félix Larrosa i Piqué, alcalde do ‘Ajuntament’ de Lleida. O presidente do Centro, Xosé Terceiro Folgar, deu a benvida a todos os presentes, socios, amigos e simpatizantes, e moi especialmente ás distintas autoridades locais que asistiron ao evento, entre elas os ‘rexedores’ do concello de Lleida Joan Gómez López, Francesc Josep Cerdá Esteve, José Luis Osorio Fernández e Joan Vilella Jounou; o presidente da Federación de Casas Rexionais de Lleida, Cosme García i Mir, e o presidente ‘dels Armats de Lleida’, José Ángel Comes i Serret, ademais dos presidentes das casas rexionais que pertencen á Federación de Lleida. Ao finalizar, fíxoselle entrega a Terceiro dunha maqueta da Seu Vella de Lleida e, o presidente do Centro, entregoulle á súa vez, un pergamiño nomeándoo ‘Socio de Honra’ da entidade. Despois, tódolos presentes foron obsequiados cun viño galego e un ágape.

 

O domingo día 3, trala celebración da santa misa na igrexa parroquial de Sant Jaume, no local social da entidade tivo lugar a Asemblea Xeral Ordinaria dos socios na que, seguindo a orde do día, procedeuse a ler a acta da asemblea anterior que foi aprobada por unanimidade. Acto seguido, o secretario leu o estado das contas da entidade e mailos orzamentos para o ano 2019 que foron aprobados por unanimidade. O vicesecretario leu un resumo das actividades levadas a cabo no ano 2018 e un anticipo das que se van desenvolver no ano 2019. Despois, e seguindo o contido dos artigos 16 e 21 dos estatutos, procedeuse a confirmar a xunta directiva, que queda integrada por lo presidente Xosé Terceiro Folgar; a vicepresidenta, María Alba Gil Bardanca; o secretario, Eligio Suevos Otero; o tesoreiro, Antonio Sanmartín Sanmartín; o vogal de Organización de actos, Xosé Domínguez Rodríguez; a presidenta da Vogalía da Muller, Marta Roigé Mostany; a vogal de Relaciones Públicas, Dolores Blanco Roo; e os vogais Victoriano Camilo Rocha González e Xosé Gigato Trujillo. Despois tódolos asistentes degustaron un bo viño procedente de Galicia e máis un apetitoso aperitivo.

Acto seguido, tódolos asistentes remataron a xornada cun bo xantar de irmandade, con queimada incluída, sendo todo elo amenizado polo conxunto musical ‘Grupo Robert y Luigi’, quen deu un extraordinario recital de música. Tamén acompañaron o acto os concelleiros do ‘Ajuntament’ de Lleida Rosa María Salmerón Pallarés, Francesc Josep Cerdà Esteve, e Joan Vilella Jounou, ademáis do presidente da Federación de Casas e Centros Rexionais de Lleida, Cosme García i Mir.

 

Más acciones:
MÁS NOTICIAS
  • Colección Cronicas de la Emigración

Boletín de noticias

Si quiere recibir información actualizada de Crónicas de la Emigración, envíenos su correo electrónico.
Suscribirse al boletín

Hemeroteca