Será presentado o 7 de decembro polo secretario xeral de Política Lingüística

A Asociación Rosalía de Castro de Cornellá editou o libro ‘Certame de Poesía Rosalía de Castro (1997-2018)’

A Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá (Barcelona) acaba de editar o tercer libro relativo ao Certame de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro, coa colaboración da Xunta de Galicia e mailo Concello de Cornella de Llobregat. O acto de presentación terá lugar na sede da Asociación o 7 de decembro e súa presentación correrá a cargo do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García. 

A Asociación Rosalía de Castro de Cornellá editou o libro ‘Certame de Poesía Rosalía de Castro (1997-2018)’
PORTADA LIBRO Certamen Rosalia Castro2019
Portada do libro ‘Certame de Poesía Rosalía de Castro (1997-2018)’.

A Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá (Barcelona) acaba de editar o tercer libro relativo ao Certame de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro, coa colaboración da Xunta de Galicia e mailo Concello de Cornella de Llobregat.

O acto de presentación do devandito libro terá lugar na sede da Asociación o 7 de decembro e súa presentación correrá a cargo do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García, baixo o título ‘Certame de Poesía Rosalía de Castro (1997-2018)’, prologado polo escritor Armando Requeixo, que tamén participará no acto. 

O libro, como o seu título di, trátase de un recolleita dos tres poemas premiados de cada ano deste Certame de Poesía de entre os anos 1997 ata o 2018, 63 poemas dos principais autores contemporáneos da poesía galega que foron premiados neste Certame e no que atopamos nomes como: Marcelino Sixto Deibe, Antón Riveiro Coello, Modesto Fraga, Rexina Vega, Baldo Ramos, Ana Vázquez Estévez, Emma Pedreira, Lito Caramés, Alberte Momán, Yolanda López, Alba Cid, Israel Martínez Veiga, Cruz Martínez Vilas, Amauta Castro, Miriam Ferradans, Cristina Ferreiro, Arancha Nogueira, Manuel Dopico, Issad Xubin e Gonzalos Hermo, entre outros.