OS ACTOS COMEZARON CON A TRADICIONAL OFRENDA FLORAL A LA POETISA GALLEGA

A Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro e o Concello de Cornellá celebraron unha minifesta polo Corpus

| 9 de junio de 2021, 9:12
Festa en Cornella-Presidente coa Corporacion Municipal
Directivos da institución, xunto cos membros da Corporación Municipal de Cornellá e uns poucos socios, durante a ofrenda floral no monumento a Rosalía de Castro.

Este fin de semana se celebrou a festividade do Corpus, Festa Maior de Cornellá de Llobregat (Barcelona) e na que as actividades da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro teñen una relevancia moi significativa, desde a súa fundación no ano 1980, e moi especialmente, desde o 1990, ano no que a devandita Asociación chantou no principal parque de cidade, como é o Parque de Can Mercader. Desde entón, cada ano polo Corpus celebrase a gran Festa Galega de Cornellá, que atrae ao recinto a miles de galegas e galegos residentes en Catalunya, así como a veciños da cidade.

O pasado ano 2020, ademais deste evento había previsto celebrar a conmemoración do 40 aniversario da Asociación, polo que a programación era moi importante e multicultural, pero a pandemia, que aínda existe, ficou con todo, e houbo que suspender tódolos actos. Fíxose coa idea de que só fora un traslado dos mesmos actos ao seguinte, este ano 2021.

Pois este ano tampouco poidese celebralo como se merece. Así que tanto a asociación como o Concello de Cornellá, que sempre estivo ao carón desta Festa, propuxeronse a celebración dunha Minifesta, como moitos a definiron.

Así que o sábado 5 de xuño, pola mañá, celebrouse a tradicional ofrenda floral a insigne poetisa que desde hai xa máis de tres lustros mora alí o seu maxestuoso monumento. O acto foi reducido e coas máximas medidas de seguridade sanitaria, por iso só participou un grupo de socios da entidade, xunto con toda a Corporación Municipal de Cornellá, así como un pararúas pola Parque do Grupo da Asociación que se encargou de adornar o acto musicalmente, finalizando coa interpretación dos himnos de Catalunya e Galicia.

Logo pola tarde, nun dos colexios máis emblemáticos da cidade como é o Cap de L’Miranda situado no Barrio de Sant Ildefons á beira da Torre da Miranda, celebrouse o tradicional Festival de Música Popular e tamén a Noite de Musica Celta, aínda que este foi entre luscofusco, xa que ás 10 da noite había que recoller todo.

Comezou as 18 horas coa actuación do Coro Rociero de Cornellá, seguindo coa actuación de Batucada Arrimia, tamén de Cornellá, pechando esta parte do acto o Grupo da Danza e Música da ACG Rosalía de Castro, cunha espectacular exhibición de tódolos seus compoñentes, nos diferentes grupos, que volveron aos escenarios despois de máis dun ano sen poder fácelo por culpa do Covid. Durante a súa actuación, fixéronse homenaxe as vítimas desta pandemia así como a@s sanitarios, policía e tódalas profesións que se encargaron de coidar e velar polas nosas vidas.

Tamén se levou a cabo unha recollida importante de alimentos que aportaron os asistentes ao festival a forma de entrada, que foi donada ao Banco de Alimentos de Cornellà.

Pechou o acto a celebración da Noite Celta, co recital de música que ofreceu o grupo galego Evoéh, con un repertorio de músicas tradicionais de Galicia e a presentación do seu último traballo discográfico dedicado a Rosalía de Castro. E así acabou a Minifesta.

Más acciones:
MÁS NOTICIAS
  • Colección Crónicas de la Emigración

Boletín de noticias

Si quiere recibir información actualizada de Crónicas de la Emigración, envíenos su correo electrónico.
Suscribirse al boletín

Hemeroteca