MANUEL GAGO, COMISARIO DA EXPOSICIÓN ‘GALICIA, UN RELATO NO MUNDO’

“América estivo sempre nos momentos cruciais da historia contemporánea de Galicia’

| 29 Noviembre 2019 - 14:54 h.
Manuel Gago comenta co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, unha das pezas da mostra.
Manuel Gago comenta co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, unha das pezas da mostra.

Ata o 12 de abril a Cidade da Cultura de Santiago acolle unha das primeiras exposicións internacionais que, co gallo do Xacobeo 2021, terán lugar. ‘Galicia, un relato no mundo’ fala da relación de Galicia con diferentes culturas, tanto as que viñeron a Galicia como as que se producen en canto os galegos saen do seu territorio, considera Manuel Gago, comisario da mostra, quen explica que na mostra poderán verse tanto grandes obras da arte galega como pezas cotiás que conforman a intrahistoria da emigración galega.  

Pregunta. Cal é o obxectivo e o fío condutor desta exposición?

Resposta. Esta exposición encádrase na promoción da Consellería de Cultura de cara o ano que ven, co Xacobeo 2021. É a primeira das tres grandes exposicións que vai facer a Consellería de Cultura na Cidade da Cultura.

O seu primeiro obxectivo é a promoción cultural e a súa temática era explorar as relacións entre Galicia e o resto do mundo. O que nós fixemos foi plantexarnos esto como un itinerario que viñese desde a prehistoria ata os nosos días é que nos permitise ver como a idea de Galicia e a identidade galega está conformada polo contacto con diferentes culturas, con diferentes sociedades e con diferentes xentes.

Por unha banda, xentes que chegaron aquí coas que tivemos contacto desde a propia Galicia e, por outra banda, territorios aos que Galicia foi, nomeadamente a partir do século XIX, da emigración, nos que tamén achegou a nosa cultura para conformar outros países e outras sociedades.

É unha exposición de dúas plantas. A planta de abaixo se centra no impacto da recepción da cultura no territorio galego e a segunda planta se centra na saída de Galicia cara o exterior chegando ata o mundo presente, co fenómeno da exportación e a presencia actual de Galicia no mundo.

P. Como valora a importancia da emigración o das diferentes olas migratorias para a imaxe que de Galicia se ten no mundo?

R. Desde logo é moi importante. Hai que ter en conta que nós na exposición falamos como o fenómeno migratorio contemporáneo empeza a partir de finais do século XVIII, primeiro empeza en Lisboa e cara o interior de España e, a partir de aí, se vai estendendo un pouco por diferentes fases, primeiro América e despois a Europa.

Nós o que presentamos na exposición é a idea de que este fluxo migratorio entendémolo dentro dos fluxos migratorios que se dan en todo o mundo. Hai un momento no que grandes masas de poboación europea comezan a moverse a América e en Galicia xorden de maneira un pouco paralela.

O que nós contamos a través de diferentes pezas e como, por unha banda, Galicia se descubre a si mesma na emigración. Sucede un fenómeno moi interesante que é que cando Galicia se instala en outros países, nomeadamente América, é cando descubre que, alén dos vínculos territoriais das comarcas, parroquias e concellos, hai unha idea común e hai un espazo común de Galicia como unha entidade propia e, por outro lado, contamos como Galicia, de algunha forma, contribúe á conformación de outras entidades. 

Hai una peza que traemos que é a bandeira do Tercio de Galegos que exemplifica moi ben esto que estou dicindo. Por unha banda, é un dos primeiros símbolos físicos da unión dos galegos en América más alá do relixioso e, por outra banda, é unha peza que está tremendamente ligada ao nacemento dos primeiros episodios que deron lugar ao nacemento da República de Arxentina porque esa bandera foi o estandarte que levaban os voluntarios galegos que participaron na defensa de Bos Aires contra los ingleses a principios do século XIX e que foi un dos acontecementos que acabaron desembocando na independencia de Arxentina.

De algunha forma nos gusta pensar nesa doble idea, é dicir que o noso contacto co mundo nos constrúe a nós pero tamén acaba por construír a outras sociedades.

P. Esta nova concepción de Galicia que xorde na emigración é a que leva a que moitos dos símbolos máis importantes da Comunidade nazan no exterior?

R. Esta é unha das historias máis fascinantes da Galicia contemporánea é unha enorme lección de como os países e as entidades se constrúen.

No século XIX había unha idea de que as entidades eran inamovibles, casi dende a prehistoria. Frente a esta idea os galegos amosan que todo ese proceso é moito máis dinámico. Se deu o milagre de que eles identificasen o lugar do que procedían, precisamente por estar lonxe e velo con perspectiva, tiñan unha serie de elementos que se conectaban entre sí e por eso non é casual que símbolos como o Himno Galego se tocase por primeira vez na Habana, que a Real Academia fose impulsada también desde A Habana, que Bos Aires se convertera, durante a Guerra Civil, en un importante referente para a cultura de Galicia e para o mantemento da idea de Galicia tras a victoria de Franco. De algunha forma, América estivo sempre presente nos momentos cruciais da historia contemporánea de Galicia e serviu para que Galicia avanzase.

En Galicia hai moita xente que ten una idea que é moi bonita que é que Galicia non é algo que esté delimitado por unha fronteira, é unha cultura que vai máis alá do seu territorio porque temos a idea de que ao estar espallados polo mundo preservamos unha parte das nosas raíces e da nosa identidade e temos unha idea moi aberta de país. 

É unha idea moi interesante para o mundo global no que estamos. Un galego non ten que estar en Galicia para ser galego nin para vivir como galego.

P. A exposición recolle as últimas ondas migratorias que tiveron lugar con motivo da recente crise económica?

R. Representamos ese fluxo migratorio ate hoxe en día ainda que forzosamente a cantidade de pezas singulares son de épocas anteriores desde o século XIX ata as últimas pezas que son do ano 2000.

O que intentamos é amosar como a emigración, ao longo de todo este tempo, foi cambiando porque tamén o propio mundo foi cambiando. Por exemplo, temos unha instalación na que podemos ver, a través de como van cambiando os baúis e as maletas, como cambia a sociedade. Podemos ver aqueles baúis enormes do século XIX e como van cambiando hasta os ‘trolleys’ actuais. Esto nos fala tamén de como está cambiando esa emigración. Os baúis eran para xente que ía estar moito tempo lonxe e levaba e traía moitas cousas, e conforme imos avanzando no tempo ese tamaño de esas maletas se reducen porque as frecuencias de idas e voltas son maiores. 

Pasa o mesmo co tema dos agasallos. Temos unha parte moi bonita na que recopilamos agasallos traídos polos emigrantes que nos axudan a ver cal é a visión que os emigrantes tiñan de Galicia e polo tanto que é o que debían agasallar. 

No século XIX e principios do XX un dos primeiros agasallos que temos son tecnoloxía, cámaras, radios, roupa boa, e conforme vai avanzando o século os emigrantes deixan de traer tecnoloxía porque aquí xa hai e comezan a traer souvenirs, é dicir iconas, como una taza do príncipe Carlos y Diana de Inglaterra ata outro tipo de obxectos que nos falan de como eles están vendo a través dos agasallos as propias transformacións de Galicia e o que deben traer. 

P. Como combina a exposición pezas icónicas como ‘A Santa’, de Asorey, a bandeira do Tercio de Galegos con pezas máis cotiás como mapas o maletas? 

R. Esta exposición conta cunha combinación de obxectos do que se podería considerar alta cultura con baixa cultura. Nós entendemos que esta exposición conta unha historia colectiva e a historia colectiva non a podemos contar a partir das grandes obras de arte, a temos que contar a partir de esas microhistorias, de esas historias pequeniñas do día a día coas que nos podemos identificar. Apostamos por combinar grandes pezas, como pode ser ‘A Santa’, de Asorey, con documentos, papeis, certificados, cartas, agasallos, libretas de barco,… un montón de elementos que nos amosan como cada un de nós forma parte de esa historia. 

A exposición ten dúas plantas. A planta de abaixo é a parte máis histórica que recolle toda aquela memoria que nos chega polos libros de texto, ensaios,… pero a parte de emigración a construimos a partir da memoria individual e familiar. 

P. Como é a experiencia de realidade virtual que hai na mostra?

R. Nós queríamos levar a cabo unha experiencia de realidad virtual e a veces o máis tentador é facela de unha época moi pasada para imaxinarte algo que realmente é difícil de ver pero nos dimos conta de que igual había que facer algo distinto e que igual podíamos recrear coa realidade virtual unha experiencia que moita xente aínda lembraba e crear esa comunicación. O que fixemos foi que, a partir da exposición ‘Os Adeuses’, unha exposición que fixo o Consello da Cultura Galega a partir das fotografías de Alberto Martí, convertir o Gaiás nun transatlántico no Porto da Coruña en 1957 e recrear a partida de emigrantes cara a América. 

O fixemos para crear esa comunicación e esa memoria familiar, de feito xa tivemos varias personas de certa idade que nos anos 50 e 60 partiron nestes transatlánticos e que viñeron coa súa familia a exposición e que poideron recrear e compartir esa memoria que eles viviran cos seus netos. 

P. Estas actividades interactivas sirven para divulgar entre os máis novos esta parte da historia de Galicia?

R. Efectivamente, nós o que queríamos ver é se a través dun proxecto interactivo podíamos xerar canles de comunicación e de intercambio interxeneracional e por iso creamos unha experiencia que pode ser compartida e da igual os anos que teñas. Todo o mundo se pon as mochilas, escolle unha personaxe e se ven todos xuntos nese barco vestido coas roupas desa época. Esto é moi interesante porque, normalmente, os rapaces están acostumados a xogar con experiencias interactivas con outros rapaces e aquí poden participar dunha forma moi lúdica cos seus país e os avos. Se están a dar experiencias moi bonitas en esa idea de facer unha experiencia compartida arredor da emigración.

P. Como está sendo a resposta da xente?

R. Moi boa. Levamos unha semana e xa tivemos 4.200 visitantes. Estamos moi contentos porque está funcionando como nós esperábamos. Nós esperábamos que esa primeira planta, que é a que ten que ver coa historia, interesase máis por eses aspectos de información globais e cando se chegase a parte da emigración tivese unha comunicación máis emocional porque todos compartimos esta historia. 

Compensamos o cansanzo de percorrer unha exposición que é moi longa co disfrute de estar nun entorno e nunha historia que coñeces e a partir do que ti coñeceras eres capaz de entender que formas parte dunha grande epopeia colectiva que foi a emigración. 

P. De todas as pezas que hai na exposición, cal foi a máis complexa de traer?

R. A máis complicada, sen dúbida, foi a Biblia Kennikott. A Biblia Kennikott considérase un dos manuscritos máis fermosos da idade media. É unha Biblia que se conserva na Biblioteca Bodleian na Universidade de Oxford e que tiña un especial valor simbólico para Galicia porque foi unha biblia xudía maravillosamente iluminada que foi feita na Coruña no ano 1476 e se considera un dos manuscritos máis fermosos do mundo.

Cando os Reis Católicos ordenaron a expulsión dos xudeus de España, esta Biblia tivo que marchar e non volveu en 500 anos, ata hoxe en día. 

Unha vez que marchou estivo errando por Portugal e polo norte de África coas familias que foron as súas propietarias e tardou 500 anos en volver. As condicións de seguridade que tivemos coa Universidade de Oxford foron elevadísimas e podo dicir que o nivel de protección, conservación e seguridade marcou o estándar que xa tivemos que aplicar para o resto das pezas.

Pero houbo moitas que foron complexas de traer.

Dende logo como comisario foi apaixoante pero extremadamente complexo.

P. Como é a presencia de Castelao, un dos artistas máis destacados da emigración, na mostra?

R. Castelao ten presencia porque mostramos os documentos fundacionais do Consello de Galiza, que foi o organismo que en Bos Aires se constituíu para preservar a lexitimidade do Estatuto aprobado durante a Guerra Civil e para manter a lexitimidade dos deputados galegos que marcharon ao exilio. 

Pero de Castelao houbo dos grandes exposicións en Santiago, unha donde se mostra a ‘Derradeira leicción do Mestre’ e outra sobre o seu descurso ‘Alba de Gloria’, e procuramos que se vaian complementando para que non sexan sempre as mesmas e se podan coñecer outras historias.

Más acciones:
MÁS NOTICIAS
  • Colección Cronicas de la Emigración

Boletín de noticias

Si quiere recibir información actualizada de Crónicas de la Emigración, envíenos su correo electrónico.
Suscribirse al boletín

Álbumes de Fotos

Hemeroteca