Alumnos do Vicente Cañada visitaron Galicia en 2014 na semana grande das Letras Galegas

| 23 de marzo de 2015, 12:06

A Cidade da Cultura de Galicia acolleu en maio do pasado ano o encontro do, por entón, conselleiro de Cultura da Xunta, Xesús Vázquez Abad, cun grupo de 17 estudantes de galego do Instituto Vicente Cañada Blanch de Londres e co profesor Xaime Varela, os que realizaron unha visita de estudos a Galicia durante a semana grande das Letras Galegas.
O conselleiro dirixiuse a eles manifestando que “froito do traballo do alumnado e do profesorado” e tamén da súa “actitude aberta e dinámica son os premios que nos últimos anos poñen en valor o labor que se realiza dende as aulas de galego do Vicente Cañada Blanch”.
“Refírome –dixo Vázquez Abad– ao recoñecemento do proxecto Fala Londres como Boa prácTICa 2.0. por parte do Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado (INTEF)”, que lle foi concedido en 2012, así como, “ao premio da Fundación Barrié para proxectos de centro”, do que se lle fixo entrega en 2014.
Segundo expresou Vázquez Abad, “un e outro valoran o uso das novas tecnoloxías, pero, sobre todo, o xeito en que se usan: para promover a participación do alumnado, imprescindible cando de aprender lingua se trata, e de toda a comunidade galega que o rodea e que, deste xeito, apoia os seus progresos”.

Más acciones:
MÁS NOTICIAS
  • Colección Crónicas de la Emigración

Boletín de noticias

Si quiere recibir información actualizada de Crónicas de la Emigración, envíenos su correo electrónico.
Suscribirse al boletín

Hemeroteca