O acto inaugural foi unha conferencia de Esperanza Piñeiro de San Miguel

‘Airiños da Nosa Galicia’ de Santa Coloma organiza varios actos polo 200 aniversario de Concepción Arenal

Baixo a organización de ‘Airiños da Nosa Galicia’ de Santa Coloma, e coa colaboración da Federación de Entidades Culturais Galegas de Cataluña, deu comezo unha serie de actos con motivo do 200 aniversario do nacemento de Concepción Arenal. O acto tivo lugar no edificio de Aura Seguros, cunha gran asistencia de público.

‘Airiños da Nosa Galicia’ de Santa Coloma organiza varios actos polo 200 aniversario de Concepción Arenal
Airiños da Nosa Galicia-Esperanza Piñeiro
Esperanza Piñeiro, durante a conferencia organizada por 'Airiños da Nosa Galicia' de Santa Coloma.

Baixo a organización de ‘Airiños da Nosa Galicia’ de Santa Coloma, e coa colaboración da Federación de Entidades Culturais Galegas de Cataluña, deu comezo unha serie de actos con motivo do 200 aniversario do nacemento de Concepción Arenal. O acto tivo lugar no edificio de Aura Seguros, cunha gran asistencia de público.

Nestes actos tamén colaboran a Xunta de Galicia, a Generalitat de Cataluña, a Diputación de Barcelona e o Concello de Santa Coloma de Gramanet.

O acto inaugural correu a cargo de Esperanza Piñeiro de San Miguel coa conferencia ‘O longo camiño cara á igualdade: vixencia de Concepción Arenal’. A conferenciante fixo un percorrido pola vida de Concepción Arenal, desde o seu nacemento no Ferrol, un 31 de xaneiro de 1820, pasando pola súa etapa en Santander, Madrid e Vigo, onde faleceu un 4 de febreiro de 1893 aos 73 anos de idade. 

Deixou constancia de que foi unha loitadora e defensora dos dereitos da muller, as prostitutas, os pobres e os presos. Sempre se enfrontou ás normas establecidas e conseguiu que a súa revolución sobrevivíselle nas vidas doutras mulleres.

Esperanza Piñeiro de San Miguel reivindicou para Concepción Arenal o seu verdadeiro papel: filosofa.  E mentres que en España estaba ignorada, no estranxeiro recoñecíaselle a súa valía.

O seu enterro foi seguido por centos de persoas sinxelas que a acompañaron ata o seu lugar de repouso.