HOUBO UN APOIO Á CANDIDATURA DA RIBEIRA SACRA COMO PATRIMONIO DA HUMANIDADE

Airiños da Nosa Galicia, de Santa Coloma de Gramenet, celebrou o seu 36 aniversario

| 15 Mayo 2019 - 10:01 h.
Xosé Canosa e Nuria Parlon, nun intre da promoción da Ribeira Sacra como patrimonio da humanidade.
Xosé Canosa e Nuria Parlon, nun intre da promoción da Ribeira Sacra como patrimonio da humanidade.

Durante o fin de semana, milleiros de persoas deronse cita no Parque de Europa de Santa Coloma de Gramenet para participar das actividades organizadas por Airiños da Nosa Galicia, no seu 36 aniversario.

Exposicións, mostras de música e danza, mesas de comunicación e intercambios culturais, mostras e degustacións de gastronomía, todo nun ambiente de irmandade entre as diferentes asociacións que forman o texido cultural e asociativo galego en Catalunya.

Dentro dos actos, destacar o apoio que durante todos os días diferentes persoeiros da cultura e da política fixeron chegar a candidatura da Ribeira Sacra como patrimonio da humanidade, entre eles a alcaldesa, Núria Parlon, xunto co presidente da entidade, Xosé Canosa, mostraron ós medios de comunicación a aposta e apoio do concello de Santa Coloma de Gramenet e do Centro Cultural Airiños da Nosa Galicia para que a Ribeira Sacra sexa declarada Patrimonio Mundial da Unesco.

Más acciones:
MÁS NOTICIAS
  • Colección Cronicas de la Emigración

Boletín de noticias

Si quiere recibir información actualizada de Crónicas de la Emigración, envíenos su correo electrónico.
Suscribirse al boletín

Hemeroteca