Opinión

Unha lectura moi recomendable: ‘Historia de la inmigración en la Argentina’

O historiador arxentino Fernando J. Devoto publicou no ano 2003 o moi bo libro Historia de la inmigración en la Argentina (Editorial Sudamericana) que merquei nese mesmo ano nunha libraría da avenida Florida. No hotel pola noite botéille unha ollada ao índice e logo no avión lin ata a páxina 139 na que se reproduce un mapa de A. Vázquez González sobre os destinos declarados polos emigrantes do concello pontevedrés de Gondomar.
Unha lectura moi recomendable: ‘Historia de la inmigración en la Argentina’
O historiador arxentino Fernando J. Devoto publicou no ano 2003 o moi bo libro Historia de la inmigración en la Argentina (Editorial Sudamericana) que merquei nese mesmo ano nunha libraría da avenida Florida. No hotel pola noite botéille unha ollada ao índice e logo no avión lin ata a páxina 139 na que se reproduce un mapa de A. Vázquez González sobre os destinos declarados polos emigrantes do concello pontevedrés de Gondomar. Agora veño de reler as súas máis de 500 páxinas pensando na urxente e necesaria reforma da actual lei electoral. Hai dous grupos de persoas que na miña opinión non deberían de perderse esta formadora lectura: os retornados riopratenses e os deputados galegos en Madrid e en Santiago de Compostela.
O investigador Devoto é profesor na Universidade de Bos Aires, especialista en historia de las migraciones internacionales, director da revista Estudios Migratorios Latinoamericanos e autor de recoñecidos traballos sobre a emigración italiana á Arxentina. Neste libro que estou a comentar fai unha síntese do fenómeno migratorio durante 250 anos. Coido é o primeiro e exitoso intento de análise de conxunto dun feito histórico que transformou as beiras riopratenses da Arxentina e do Uruguai. Partindo da sociedade de orixe vai aos factores causais da emigración e logo insírese coma un mergullador no proceso de inmersión dos emigrantes na sociedade arxentina.

Los inmigrantes son casi siempre grandes trabajadores (ayer y hoy) y en la misma decisión de expatriarse hay, como se ha dicho, un cierto espíritu empresarial. Una cultura (o si se prefiere ética) del trabajo también fue un valor que los inmigrantes aportaron y aunque la brindaron como autoimagen justificatoria de sí mismos y de su posición en la sociedad argentina, no dejó de permear la vida de la Argentina moderna.

A obra de Devoto divídese en tres partes: a) Introdución; b) O movimento migratorio; c) Na Arxentina. Nesta estrutura o autor vainos abrindo os ollos á compresión da razón de ser da emigración e dos seus efectos sobre a sociedade arxentina. No comezo do seu estudo fai un esforzo clarificador que titula ‘Enfocar, delimitar, periodizar’ no que intenta unha definición do inmigrante. Aínda hoxe en Galicia non se asumen unhas definicións de consenso. Hai moita confusión sobre a terminoloxía que segundo sexa a quenda política vai de agachar as palabras diáspora ou emigración ata dicir que todos son cidadáns no exterior. Escribe Devoto: Aunque todos creemos tener una cierta idea de quién debe ser considerado un inmigrante, la noción es bastante elusiva y fue cambiando con el tiempo.

En el terreno social el aporte de la inmigración fue decisivo en muchos aspectos. Contribuyó a generar una sociedad abierta en la cual la movilidad social era un horizonte de expectativas muy fuerte, alentada por el hecho de que se verificaba en muchos casos, pero también porque ella era un punto central de la agenda de los inmigrantes, en este y en cualquier caso.

En Galicia estamos ás portas dunha nova campaña electoral (Autonómicas 2009) é por tanto é o momento perfecto para que desde o noso parlamento se inste ao goberno central para que se proceda á reforma da actual lei electoral. Son optimista e confío en que haberá acordo unánime dos tres grupos con representación na cámara autonómica. De ser así a proposta que se presente en Madrid levará consigo a forza moral de máis de tres millóns de electores. A nova lei, entre outros temas pendentes, terá que sumar aos 300.000 cidadáns no exterior para que Galicia deixe de perder representantes no Congreso dos Deputados. A reforma lexislativa é de xustiza e as señoras deputadas e os señores deputados teñen unha moi boa fonte documental neste rigoroso traballo do profesor Fernando J. Devoto.